Sobre o autor

Xosé Antón de la Fuente Subiela

Xosé Antón de la Fuente Subiela

Nacín en Baldaio hai  44 anos, no seo dunha familia numerosa -son o sexto de sete irmáns- cun pai que, coma moitos da nosa comarca, pasou moitos anos na emigración e unha nai que coidou a toda a familia.
Hai dúas actividades que de sempre me interesaron: a educación e a política; percibo as dúas como instrumentos ao servicio dunha sociedade máis xusta e igualitaria e creo tamén que o mellor instrumento para lograr isto na Galiza é, sen dúbida, o Bloque Nacionalista Galego.