Discurso de Soto Rojas, Presidente da Asemblea Nacional de Venezuela (parlamento): O capital escraviza o traballo e oprime ao Pobo

Fernando Soto Rojas, nado no 1933, participou na resistencia contra a ditadura de Marcos Pérez Jiménez e na década dos anos 60 comandou a guerrilla que se instalou nas serranías de “El Bachiller” baixo o alias de «comandante Ramiro», até a súa disolución en 1969. Desde a década do 80 incorporouse ao traballo político e social.


O violento contrarrevolucionario Guillermo Fariñas, os medios de (in)comunicación e o premio Sajarov

Ao final do proceso de excarceracións en Cuba, en 2010 o parlamento europeo volve outorgar o premio Sajarov, por terceira vez en 9 anos, a un «disidente» cubano, neste caso o contrarrevolucionario Guillermo Fariñas Hernández. Fariñas, axente ao servizo dos Estados Unidos, protagoniza un xaxún prolongado para esixir a funcionarios de ETECSA o acceso a Internet desde o seu domicilio. Fariñas é un asiduo reporteiro da emisora estadounidense Radio Martí e doutras estacións ultradereitistas anticubanas.

Merece o premio Sajarov? A web de Cubainformación informa acerca dunha realidade que  silencian, censuran ou manipulan os grandes medios de comunicación internacionais.

cubainformacion.tv

Luís Britto: as 10 máis graves, subversivas e demoledoras revelacións de WikiLeaks

O narrador, ensaísta, dramaturgo e debuxante venezolano, Luís Britto García, publica un artigo, As dez verdadeiras revelacións de WikiLeaks, en QuestionDigital onde comeza sinalando que, quen non fose bobo, sabía que as autoridades estadounidenses secuestran, torturan, asasinan. Que rexen campos de exterminio e xenocidio. Que as súas embaixadas espían e desestabilizan gobernos progresistas. Que as súas guerras pillan recursos ou zonas estratéxicas.
Por iso os inxentes documentos desclasificados non son as revelacións que converten a Julián Assange no comunicador máis soado do planeta e a Wikileaks no medio máis consultado.

 As 12 máis graves, subversivas e demoledoras revelacións son as seguintes:
-SER COMUNICADOR É TRANSMITIR FEITOS E NON INVENTALOS
-SER COMUNICADOR É LIBERARSE DO XEFE DE REDACCIÓN
-SER COMUNICADOR É LIBERARSE DOS ANUNCIANTES
-SER COMUNICADOR É COMUNICAR
-SER COMUNICADOR É INDEPENDIZARSE DOS MONOPOLIOS
-HERDAR UN MEDIO NON CHE CONVERTE EN COMUNICADOR
-SER COMUNICADOR É SER CRIBLE
-SER COMUNICADOR É DISTINGUIR ENTRE FEITOS E OPINIÓN
-SER COMUNICADOR É SER RESPONSABLE:
-AGREDIR AO MENSAXEIRO É CONFIRMAR A MENSAXE

Ligazón ao artigo


Agustín Fernández Paz e o premio a un pensamento crítico

Non hai moito tempo, o presidente da MESA e portavoz da plataforma  Queremos Galego, Carlos Callón, amosando o rexeitamento á imposición do decreto anti – galego do PP, explicou que somos a única comunidade autónoma do Estado, con lingua propia diferente do castelán,  na que se poñen topes para a presenza do idioma propio, se impide a súa presenza en determinadas materias educativas e se posibilita que haxa nenas e nenos que non o escoiten na escola até cumprir os seis anos. O goberno ultra – conservador da Xunta de Galiza, como lembrou Callón, “debería estar á cabeza das políticas de defensa e promoción da lingua, pero…está impulsando o proceso de desmantelamento”.

Por motivos similares aos sinalados polo presidente da MESA, o escritor Agustín Fernández Paz rexeitou o Premio da Cultura Galega das Letras que lle foi concedido polo xurado presidido polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela. Ler máis »


A sanidade cubana sementa Revolución

Aínda que a solidariedade de médicos cubanos por todo o mundo alarma ao goberno de EE.UU. e mesmo Australia, a presenza de persoal de saúde cubano en nacións do Caribe e América Sur, do sur de Asia, África e o Pacífico mantense en  permanente e solidaria actividade. Tamén se atende na illa ás peroas que non  poden  recibir ou pagar nos seus países a atención sanitaria.

Dise que Cuba, cunha poboación de pouco máis de11 millóns de habitantes,  ten 20 000 médicos prestando servizos en 68 países. Esta cifra semella quedar pequena se atendemos ao que revelou onte Hugo Chávez: en Venezuela desenvolven a súa actividade 31 mil médicos cubanos.

Detallou que  o acordo entre Venezuela e Cuba é moi amplo porque abarca a parte económica e a parte social. «Por exemplo, no sector saúde, Cuba instalou en Venezuela 6.790 consultorios médicos; 3.019 cadeiras de brazos de odontoloxía; a Misión Milagre logrou abrir 459 ópticas populares; os médicos cubanos salvaron a vida a 295 mil vidas e en optometría atendéronse a 27 millóns acodes de xeito totalmente gratuíto, entre outros logros».

Fragmento do documental Sicko de Michael Moore, onde uns
cidadáns de EE.UU. buscan solución ás súas enfermidades en Cuba.
cubainformacion.tv

Ler máis »