O mundo que vexo

voltamos o xoves de novo
O xoves 11 de arzo actualizo o blogue (por fin!) co resumo de dous actos. O primeiro, da comarca de Bergantiños do  luns 8 de marzo, con motivo do día internacional das mulleres traballadoras realizado na aula de cultura de Caixa Galicia dA Laracha).

Subirei o vídeo e as imaxes do acto no que as compañeiras do BNG nos expresaron que debemos  asumir, todos os días do ano, como nacionalistas o herdo de Rosalía e traballar sen descanso por conquistarmos a igualdade real de oportunidades entre homes e mulleres. Rosalía, patriota galega defensora dos dereitos das mulleres, expresou moi ben a existencia da nosa  identidade nacional.

Nunha das intervencións fíxose un percorrido polas reaccionarias políticas executadas  polo PP na Xunta  Galiza, que provocaron, entre outros efectos negativos para a poboación,   o incremento  de persoas en paro, a maioría delas mulleres.

Tamén se  falou da campaña de privatización dos servizos de benestar por parte dos políticos da dereita, política que vai contra as mulleres. Nese día, o PP optou por disfrazarse, reproducindo os peores estereotipos de xénero. Unha burla ás mulleres, á loita feminista. Mais, un exemplo evidente témolo no conservador goberno municipal da Laracha, onde para unha tarefa de responsabilidade similar, os concelleiros cobran un 40% máis que as súas compañeira con adicación exclusiva ao cargo.

O segundo resumo, unha das manifestacións convocadas pola CIG para mañá mércores 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega; a da Coruña, na Palloza ás oito da tarde, que me queda máis perto.

Por hoxe deixámolo aquí, xa que a Mesa do Parlamento acordou, na súa reunión deste pasado luns á tarde, por maioría rexeitar a admisión a trámite da Iniciativa Lexislativa Popular sobre os usos públicos do galego nos ámbitos das administracións públicas e o ensino que a plataforma Queremos Galego veu promovendo nos últimos meses. Mais non conseguirán os ultras do PP  ter silenciado a Queremos Galego, por moito terror que o Partido Popular teña a debater no Parlamento sobre os dereitos lingüísticos das galegas e galegos.

E son estes os que gobernan Galiza?
Un ano despois de que o PP se fixese co goberno do noso País, o desemprego aumentou na Galiza un 15% e as políticas con marca conservadora camiñan en sentido contrario a paliar  a  crise económica ao financiar a deslocalización das empresas galegas. Noutros casos  adxudican contratos ás empresas nas que traballaron ou mercan, de xeito insensato, máis de 400 vehículos en dez meses de lexislatura. Será para controlarlle as dietas aos parlamentarios ppopulares? Da situación económica e doutros temas da actualidade galega falou con clareza o Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, nunha áxil entrevista na TVG.

<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="560" height="340" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/KRty0fN7JIg&hl=es_ES&fs=1&" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="560" height="340" src="http://www.youtube.com/v/KRty0fN7JIg&hl=es_ES&fs=1&" allowfullscreen="true" allowscriptaccess="always"></embed></object>

Publica ANT, que o conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, continúa a adxudicar contratos á unha construtora da que foi directivo. Sercoysa é empresa na que traballou Hernández tras ser director xeral de obras públicas con Feijóo e Fraga e antes de incorporarse á Deputación de Pontevedra de Rafael Louzán. A Xunta do PP leva adxudicados a esa construtora máis de 2,3 millóns en menos dun ano. Afirman no xornal dixital que os cinco contratos foron concedidos por departamentos que dependen do propio Hernández.

Pero hai máis casos da actitude negativa do goberno conservador, eses que gobernan Galiza? Aquí aparecen varios exemplos expostos polo camarada Cotelo:

<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="425" height="344" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/0bZD3pjIUqI&hl=es_ES&fs=1&" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="425" height="344" src="http://www.youtube.com/v/0bZD3pjIUqI&hl=es_ES&fs=1&" allowfullscreen="true" allowscriptaccess="always"></embed></object>

Outra de racismo antigalego
Semella que agora todos os representantes partidos políticos da cámara galega, até o presidente da Xunta, están molestos coa actitude da extremista Rosa Díez, que, como ben dixo Pilar García Negro, é igual de racista que os nazis.

Mais non me parecen cribles as declaracións dalgún dos partidos políticos. E logo, non nos lembramos dunhas asociacións foráneas que apoiaron unha manifestación antigalega aplaudida por Feijóo e duramente criticada desde posicións nacionalistas?

Non foi acaso Feijóo, o do decretazo antigalego, o que se manifestou a favor das ideas que defende Galicia Bilingüe e considerou adecuado e razoable que membros do seu partido acudiran á manifestación, organizada polo colectivo comandado por Gloria Lago, porque está dentro das súas ideas lingüísticas.

Á manifestación convocada Galicia Bilingüe acudiron, ademais da líder do UPyD, Rosa Díez , os membros do PP Afonso Roda, Ana Pastor, Corina Porro, Carlos Negreira e Ignacio López Chaves.

Estes políticos do PP compartiron a pancarta que encabezaba a marcha coa presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, a líder do UPyD, Rosa Díez, Miguel Cancio ou representantes de Cidadáns como Albert Rivera e Antonio Carballos.

<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="425" height="344" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowScriptAccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/mo-gKrVl0eQ&color1=0xb1b1b1&color2=0xcfcfcf&hl=es_ES&feature=player_embedded&fs=1" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="425" height="344" src="http://www.youtube.com/v/mo-gKrVl0eQ&color1=0xb1b1b1&color2=0xcfcfcf&hl=es_ES&feature=player_embedded&fs=1" allowfullscreen="true" allowscriptaccess="always"></embed></object>

Xa o BNG afirmara, naquel intre, que a manifestación baseábase na mentira de que o castelán está en perigo en Galiza e considerou que esta convocatoria estaba protagonizada polo sector máis reaccionario españolista. Agora, diante da resposta social á actitude racista de Díez, algúns no PP non queren salpicarse na lameira antigalega. Mais na pancarta da manifestación si que estaban. E o decretazo antigalego é cousa deles, en exclusiva.

E o silencio que consinte, do realizador da entrevista, Iñaki Gabilondo, amosa que o termo pexorativo non foi eliminados da mente dalgún famoso persoeiro do periodismo, aínda que xa non exista no dicionario da RAE grazas ao traballo político do BNG.

<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="425" height="344" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/doaLUnAm5cM&hl=es_ES&fs=1&" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="425" height="344" src="http://www.youtube.com/v/doaLUnAm5cM&hl=es_ES&fs=1&" allowfullscreen="true" allowscriptaccess="always"></embed></object>

O PP prefire a deslocalización das empresas galegas
Lembraba nun artigo anterior que o PP  prometera que, ao chegar á Xunta de Galiza,  poría  fin á crise económica nos primeiros 45 días de goberno. Case un ano despois de facerse co goberno do noso País, o desemprego aumentou na Galiza un 15%, e pequenas e medianas empresas pechan todos os meses e/ ou presentan concursos de acredores para intentar saldar as súas débedas.

E cal é a actitude deste goberno antigalego coas empresas que realizan ERE sen xustificación? Pois esta Xunta concédelles créditos, dese xeito financian a deslocalización da produción e, por conseguinte, a destrución de emprego no noso país, ou  ”favorece” a empresas ligadas ao PP.

O PP prefire a deslocalización das empresas galegas<object style="margin: 0px;" classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="425" height="355" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowScriptAccess" value="always" /><param name="src" value="http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=oppprefireadeslocalizacin-100223130710-phpapp01&stripped_title=o-pp-prefire-a-deslocalizacin-das-empresas-galegas" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed style="margin: 0px;" type="application/x-shockwave-flash" width="425" height="355" src="http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=oppprefireadeslocalizacin-100223130710-phpapp01&stripped_title=o-pp-prefire-a-deslocalizacin-das-empresas-galegas" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true"></embed></object>

presentacións do camarada Xcotelo.

terraetempo.com
Axiña vai comezar a edición en liña do Terra e Tempo. O dixital aparecerá coa lenda “dixital galego de pensamento nacionalista” e -segundo os seus promotores- pretende achegar análises sobre a realidade actual desde unha perspectiva nacionalista. O dixital estará actualizado diariamente, os 7 días da semana, en canto a artigos de opinión, e cunha actualización máis espazada no tempo no que se refire aos apartados de videoteca, imaxes e descarga de documentos. O proxecto conta cun amplo grupo  de colaboradoras e colaboradores da Nación Galega.

<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="560" height="340" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/IkHEe2F_vNk&hl=es_ES&fs=1&" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="560" height="340" src="http://www.youtube.com/v/IkHEe2F_vNk&hl=es_ES&fs=1&" allowfullscreen="true" allowscriptaccess="always"></embed></object>

Orgullos@s do noso, orgullos@s do Galego
Benvida, benvido. Este é un espazo onde queremos mostrar o orgullo que temos os galegos e as galegas pola nosa lingua. Sexa cal sexa a cor da nosa pel, onde naceramos, de quen veñamos sendo, ou se nos gusta máis a lúa ou o sol, somos moitos e moitas os que estamos orgullosos de termos unha lingua propia.

Así aparece na cabeceira da presentación do vídeo “Orgullos@s do noso, orgullos@s do Galego” da Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) .

Neste vídeo, persoas do mundo do cine, da música e do xornalismo apoian a campaña a prol do uso normal do galego como ligua propia do noso País, fronte as iniciativas de desmantelamento da oficialidade do noso idioma por parte da Xunta de Núñez Feijóo.

Esta coordinadora, que bota por fóra de alegría polo traballo feito, está formada por profesionais do ensino de centros públicos, privados e concertados que levan anos con iniciativas a prol do galego, unidas por un mesmo ideario lingüístico: o galego é a lingua propia de Galiza, tal e como aparece no Estatuto de autonomía Galego.

A ver se alguén do PP aprende a ler o que aparece redactado  sobre o idioma propio de Galiza no Estatuto!

<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="400" height="225" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowfullscreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=9626263&server=vimeo.com&show_title=1&show_byline=1&show_portrait=0&color=&fullscreen=1" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="400" height="225" src="http://vimeo.com/moogaloop.swf?clip_id=9626263&server=vimeo.com&show_title=1&show_byline=1&show_portrait=0&color=&fullscreen=1" allowfullscreen="true" allowscriptaccess="always"></embed></object>

Orgullos@s do galego da Coordinadora Galega ENDL

Tiña que subilo
Ultimamente non dou abasto co traballo (suma da xornada laboral, xunto coas tarefas que teño ecomendadas  na A. C. Quinta Feira e as familiares)  polo que deixarei, como nestes días pasados, de actualizar a miúdo o blogue até o remate das actividades   pendentes de desenvolver en QF)

Déixovos o vídeo de Tosar na gala dos Goya que tanto dou que falar en tantas páxinas electrónicas. Tivo  que ser duro para os creadores do innecesario e conflitivo decretazo antigalego,  presentes no acto, escoitar falar a unha persoa (que non resulta ser precisamente modelo para o retrato dun colonizado) no idioma propio de Galiza, esa Nación cunha cultura tan ensimesmada e acomplexada!!!

Ao visionalo lembreime da intensidade das recentes actividades da plataforma Queremos Galego contra a política de galegofobia do goberno de Núñez Feijóo (o primeiro goberno do chamado periodo democrático que, amosando o seu odio contra o noso idioma e a nosa cultura, tomou iniciativas políticas que provocan o apartheid do idioma e da cultura galega)

Esas accións da plataforma asolagáronnos outra vez de Dignidade, de Vida.

Mais non debemos esquecer que, se as medidas antigalegas adoptadas polo PP saíron da campaña electoral, tamén debemos lembrarlles aos ultraconservadores que prometeron  pórlle  fin á crise económica nos primeiros 45 días de goberno. E case un ano despois de facerse co goberno do noso País, o desemprego aumentou na Galiza un 15%, onde moitas pequenas e medianas empresas pechan todos os meses e/ ou presentan concursos de acredores para intentar saldar as súas débedas.

E a actitude deste goberno antigalego coas empresas  que realizan  ERE sen xustificación? Pois esta Xunta concédelles créditos, dese xeito financian a deslocalización da produción e, por conseguinte, a destrución de emprego no noso país.

<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="425" height="344" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/w3WwkhjTnqg&hl=es_ES&fs=1&" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="425" height="344" src="http://www.youtube.com/v/w3WwkhjTnqg&hl=es_ES&fs=1&" allowfullscreen="true" allowscriptaccess="always"></embed></object>

A resolución no “pleno – espectáculo” da eurocámara contra Venezuela amosa a escalada agresiva do imperialismo contra América do Sur e o Caribe
O pleno- espectáculo do Parlamento Europeo aprobou onte, quintafeira, unha resolución non vinculante na que amosan a súa “fonda preocupación” pola  “deriva autoritaria” que a maioría dos eurodeputados da dereita (en todas as súas formas políticas) consideran que emprendeu o presidente, Hugo Chávez. Nesa iniciativa conservadora instaron a restituír as licenzas dos medios que o goberno da República Bolivariana de Venezuela inhabilitou o pasado mes de xaneiro por estar fóra da normativa aprobada por Conatel. Trátase da cuarta vez que se pronuncia a Eurocámara para condenar as “violacións das liberdades fundamentais”  en Venezuela.

O embaixador venezolano en Bruxelas, Antonio García, afirmou que se o Parlamento Europeo tivese unha “verdadeira preocupación” polas supostas violacións dos dereitos humanos en Venezuela “votaría polo menos a metade dos preto de 600 eurodiputados” que participaron no proceso.

Nunha entrevista para a axencia cubana Prensa Latina, o diplomático cualificou a votación como “unha groseira manipulación para converter o tema administrativo da emisora RCTV Internacional nun caso   político, cando precisamente o luns RCTV Internacional presentou a documentación esixida pola administración …Venezuela repudia que a dereita e a extrema dereita utilicen o procedemento do voto de urxencia contra a orde constitucional e a democracia en Venezuela”.

Dese xeito a eurocámara, controlada pola dereita, ultradereita e liberais, apoiou a iniciativa presentada polo grupo parlamentar do PP europeo no mesmo senso que o fixeron os gobernos de Estados Unidos e Canadá.

Fago meu os argumentos do   embaixador Roy Chaderton na OEA, cando expresa que con esa medida o que fan realmente é  incitar a RCTV á desobediencia da lei. A RCTV realizaba unha programación mediocre, racista, violenta e vulgar afeita transmitir programación de adultos en horarios infantís.

Unha RCTV inocente que pula pola liberdade de expresión?

Porén, durante o golpe de estado contra o Presidente Chávez en 2002 transmitiu programación infantil (O Libro da Selva, Tom e Jerry, etc.) en horario de adultos, para ocultar a rebelión da cidadanía venezolana contra o golpe militar en contra do goberno do presidente Venezolano, o cal salvou a vida por pouco.

Cinco anos despois non se lle renovou a concesión propiedade do Estado e pasou a transmitir por cable. Hoxe, con noventa por cento da súa programación venezolana, disfrázase de televisora internacional para non clasificar a súa programación con corrección. Outras emisoras suspendidas volveron ao aire ao cumprir coa lei. Por exemplo, a Tv Chile bastoulle rexistrarse e comprobar que non é venezolana; igual pasou coas emisoras vinculadas ao foráneo grupo privado Televisa.

O que non lle din, desde a cámara europea, á cidadanía que din representar é que RCTV é unha cadea de televisión de tradición criminal mediática. Desde 1984 liderou o castigo contra ex Presidente Luís Herrera Campíns nos medios privados por prohibir a publicidade de licores e cigarros nos medios e por impor na radio unha peza musical venezolana por cada unha importada. Esa sanción(total silencio mediático do ex – presidente) durou até o día da súa morte en 2007.

Como dato curioso a televisión de oposición radical, Globovisión, transmite libremente porque acepta a normativa. RCTV séntese a nena consentida da escoria mediática internacional e non acata a lei.

Pode entón a RCTV contar co apoio de El Nacional e Globovisión en Venezuela, co de Fox News, Glen Beck, Rush Limbaugh, Pat Robertson, o Miami Herald, CNN en español, o Grupo de Diarios América, El Tiempo da familia Santos, El Universal da familia Ealy, El País de Madrid, La Voz de Galicia, a Asociación Interamericana de Radiodifusión, a Sociedade Interamericana de Prensa, os representantes do terrorismo mediático, o Comando Sur e a IV Flota neste aquelarre das tebras interamericanas.

Quen participa neste circo da ultradereita?

Participa unha CIDH que calou ante a masacre do “Caracazo” en Venezuela e apoiou o golpe contra o Presidente Chávez xunto coa mafia interamericana de burócratas dos dereitos humanos que se infiltrou na OEA, coa complicidade da súa máis alta autoridade, así como unha Relatoría da Liberdade de Expresión que cre que a iniciativa privada para difamar, censurar e desestabilizar é unha liberdade que merece a súa protección.

Como rematou  a intervención do Representante Permanente da República Bolivariana de Venezuela ante a Organización dos Estados Americanos (OEA), o embaixador Roy Chaderton Matos, ese medios e o Imperio, a comezos do bicentenario da primeira independencia venezolana  e rumbo á a segunda independencia, non poderán deter a  avanzada Bolivariana pola xustiza social, a democracia e a paz en Venezuela .

<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="560" height="340" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/2auw4XPriYA&hl=es_ES&fs=1&" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="560" height="340" src="http://www.youtube.com/v/2auw4XPriYA&hl=es_ES&fs=1&" allowfullscreen="true" allowscriptaccess="always"></embed></object>

O ataque a un goberno que pula pola independencia, tamén mediática, é outro chanzo agresivo do Imperialismo para recuperar o espazo perdido no seu anterior patio traseiro

Como afirman na Rede de Redes na defensa da Humanidade, os plans do imperio son claros para as forzas do progreso e invisibles para os grandes medios. A hexemonía mediática serve ao imperialismo para enganar á opinión pública, confundila e utilizala para os seus fins de dominación.

Os pobos de América do Sur e o Caribe queren a paz para traballar e crear sociedades máis xustas e máis equitativas. A agresión imperialista obriga a esforzos que distraen destes obxectivos.

Fronte á escalada agresiva do imperialismo, faise imprescindible a mobilización dos escritores e os artistas, dos profesionais, dos medios alternativos de comunicación, das organizacións e movementos sociais e de todos os homes e mulleres de boa vontade, que estean dispostos a loitar pola paz e pola supervivencia da especie humana.

Chamamos a todas as persoas e ás organizacións articuladas na Rede de Redes En Defensa da Humanidade, a denunciar por todas as vías posibles os plans belicistas do imperialismo, a adherirse a esta convocatoria e a dala a coñecer ás organizacións internacionais, aos gobernos, parlamentos e partidos políticos.

No camiño dun silencioso e paulatino apartheid cultural e económico?
O BNG explicou con clareza suficiente que, desde Madrid, pretenden que  Galiza claudique e renuncie a ter unha gran caixa galega. Afirmou, en múltiples ocasións, que a Lei Galega de Caixas de Aforros é unha iniciativa parlamentar do BNG coa pretensión  de democratizar as mesmas e que estean ao servizo da economía galega, ao servizo do noso País.

Mentres, servís seguidores PSOE na Galiza, organizan unha manifestación (non  representativa da vontade maioritaria da sociedade viguesa) para apoiar o comportamento discriminatorio do goberno e doutras forzas políticas estatais para impedir que o noso País conte cunha caixa ao servizo de Galiza que potencie o desenvolvemento da economía produtiva do País

O Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, nunha entrevista radiofónica na Ser en Madrid lembrou que a sinatura do manifesto “Galiza ten dereito” en defensa da Lei de Caixas, subscrito polo BNG e todos os sindicatos, CIG, CC.OO., UXT, PP e a patronal,  representa á inmensa maioría social galega que saben que, se non  temos esa caixa galega, provocarase o espolio do aforro galego, xa que  teremos unha sucursal doutras caixas foráneas fusionadas, cun centro de decisión fóra de Galiza.

Así, os 80.000 millóns de euros en activos desaparecerían de Galiza e pasarían a  seren controlados por centros de decisión con sede en Madrid.

E agora, seica o Goberno galego abre agora unha vía de negociación con Madrid para que o Goberno central retire o seu recurso. Mais, ten algún sentido que as leis dun Parlamento se negocien despois de ser aprobadas ou pretenden negociar ese dous partidos centralistas co aforro das galegas e galegos?

O PP e PSOE  teñen intención de negociar algunha presunta inconstitucionalidade da lei?

O que  semella é que o PP e PSOE   teñen en mente é negociar o reparto de poder interno na caixa resultante da hipotética fusión.

Temos claro que o BNG  non vai participar nese cambalache. Sabemos que o BNG continuará a defender o autogoberno e continuará a defender os contidos esenciais dunha lei  tan constitucional como a basca, a catalá ou a andaluza.

As leis dun parlamento  non se negocian noutro estamento foráneo. A este paso o poder central vainas  enviar xa feitas desde Madrid!

O Goberno galego, en todo caso, ten que exercer a súa responsabilidade e defender con maior enerxía o autogoberno. Debe apresentar xa un recurso contra o FROB, como afirmou hoxe o BNG no Pleno do Parlamento Galego, a través do   portavoz parlamentar , Carlos Aymerich.

O que se pode visualizar de xeito obvio é que na Galiza temos un mapa político parlamentar no que, agás da verdadeira e inesgotábel posición do BNG na integral defensa colectiva dos intereses da cidadanía galega, existen dúas forzas políticas centralistas que están montadas nun continuado ataque á dignidade galega.

Unha quere, co exterminio da Cultura Galega, converternos nunha sociedade culturalmente  subordinada. E a outra pretendeo economicamente, impedindo una axeitada orientación  económica que dea pulo ás potencialidades produtivas do noso país.

Non estamos no camiño dun silencioso apartheid cultural e económico de incremento  paulatino, para que a sociedade, cun  sistema de alerta   preparado só para os cambios bruscos, non o detectemos ?

A ILP procura parar o apartheidtazo lingüístico do PP
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, despois de  presentar no rexistro do

Plenario da plataforma Queremos Galego na que se debateu sobre a presentación da ILP

Parlamento a ILP en defensa do noso idioma,   pediulle á cidadanía, mais especialmente  aos votantes do PP, aos defraudados coa política de galegofobia do goberno de Núñez Feijóo – o do odio contra a nosa cultura, o do desmantelamento da oficialidade da nosa lingua -  que apoien a Iniciativa Lexislativa Popular da plataforma Queremos Galego  co obxectivo básico de garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía do noso país.

Callón Callón, nas declaracións aos medios de comunicación, afirmou que a Iniciativa  non vai contra ninguén  senón que incide,  desde a base social,  na  defensa do conxunto da cidadanía e dos consensos  alcanzados  pola sociedade e os colectivos que a representan. O goberno ultra – conservador da Xunta de Galiza, como lembrou Callón, “debería estar á cabeza das políticas de defensa e promoción da lingua, pero…está impulsando o proceso de desmantelamento”.

É certo que esta iniciativa lexislativa non vai contra ninguén, mais  calquera  pode lembrar que outros, collidos da fúnebre man de Galicia Bilingüe, si tomaron a iniciativa de ir contra a nosa cultura e o idioma propio de Galiza. E que eses outros crearon o innecesario conflito co decretazo antigalego. E que do conflito extremo, creado desde o poder da dereita, pásase con facilidade – como obxectivo - ao exterminio cultural dun pobo.

É ben certo o que afirman distintos colectivos na defensa do Galego, integrados na plataforma Queremos Galego: na Xunta de Núñez Feijóo están á procura do exterminio da Cultura Galega e alimentando o auto-odio na sociedade galega co obxectivo de facer dela unha submisa cidadanía de segunda categoría, subordinada cultural, económica e ideoloxicamente ao ditado do centralismo ultraconservador (do mesmo xeito que o recurso do goberno do PSOE, no seu máis puro liberalismo,  contra a Lei de Caixas Galegas. Neste caso,  un ataque á dignidade, institucións e autogoberno de Galiza, como ben cualificou o líder do BNG).

O goberno da Xunta, en mans do PP, debería  cumprir o mandato estatutario sobre a defensa do idioma galego – como subliñou o Portavoz do BNG, Guillerme Vázquez –  e, polo tanto, da nosa cultura e da nosa identidade nacional como pobo diferente.

Mais o goberno (anti) galego está traballando á contra. Todas as actuacións promovidas dende a Consellaría de Educación tiveron como función limitar os ámbitos da lingua galega.  Unha actitude  similar á do conselleiro de Cultura, Roberto Varela, quen, nunha  intervención no Fórum da Coruña,  integramente en castelán, dixo que a cultura galega estaba ensimesmada e acomplexada.

Como asegurou Agustín Fernández Paz, ‘hai motivos evidentes para o cese de Varela’. Pero entendo que  tamén doutros persoeiros do PP e do PSOE que están na mesma tarefa anti galega.

Desde distintos ámbitos do (des)goberno galego tentan que o uso do noso idioma sexa – a través  dunha planificada campaña de agresión contra o galego- residual, senón é exterminado. Por iso Roberto Varela debe considerar axeitada a formulación “se non hai lectores que demanden libro galego a industria nacional dificilmente sería viábel”.

Non será iso precisamente o que desexa o ultraconservadurismo?

A cruzada contra o galego continúa desde que Feijóo levantou a bandeira do odio contra a nosa lingua, pero Queremos Galego - a plataforma cívica na que se integraron máis de 600 entidades culturais, políticas e sociais do noso País – pretende, a través da recollida de sinaturas da ILP, que a creativa lingua galega non sexa proscrita polo manto do apartheidtazo lingüístico do PP.