Archive for the ‘Xeral’ Category
Rafael Correa e a Revolución Social trunfa de novo en Ecuador
Posted in Mundo, Xeral on 04/27/2009 07:15 p.m. by Xosé Antón«Estamos aquí polos pobres…xuntos fixemos historia…e dese xe
ito recuperar esa dignidade para que non volvan a caer nas trampas dos demagogos, dos poderosos de sempre…Até a vitoria sempre Ecuador da alma» dicía Rafael Correa agradecendo o apoio das maiorías sociais que o levaron de novo ao goberno.
A Revolución Social, Cidadá ou Bolivariana que rega de xustiza social Sudamérica florece de novo en Ecuador . O trunfo da Revolución Cidadá implica a continuidade do proxecto de transformación social nese país, que impulsou o presidente, Rafael Correa, e representa alí un feito inédito, tras alcanzar a maioría dos votos na primeira volta dos comicios neste pasado domingo.
Os primeiros resultados a boca de urna outórganlle máis do 54% dos votos escrutados. O pobo ecuatoriano, recoñece nel un líder que non vacila en defender os intereses colectivos da sociedade, e non cede fronte ás fortes presións e chantaxes da oligarquía.
En rolda de prensa ofrecida logo dos primeiros resultados extraoficiais, Rafael Correa reiterou que a loita é por lograr unha sociedade igualitaria que se estivo consolidando con tan só dous anos de compromiso social. Afirmou que nesta nova etapa que se iniciará no país logo das eleccións xerais, loitará e enfrontará ao poder corrupto da prensa que apoia á oligarquía: Read the rest of this entry »