Posted in Xeral on 01/22/2012 12:10 a.m. by Xosé Antón
Acabando o ano 2.011, as autoridades cubanas informaron sobre un estudo xeolóxico relativo ás probables reservas enerxéticas de Cuba na súa Zona Económica Exclusiva no Caribe. Estas serían de ao redor de 4.600 millóns de barrís de petróleo, 10 billóns de pés cúbicos de gas natural e 900 millóns de barrís de gas natural líquido.
Con todo, especialistas cubanos afirman que, na realidade, puidese haber cinco veces máis.
O achado de importantes reservas de petróleo e gas poden cambiar totalmente o escenario cubano. As consecuencias favorables para Cuba empezaríanse a sentir desde ese momento e poderían ser de gran alcance para o futuro do país, a pesar do inhumano bloqueo Imperialista contra unha Illa que é exemplo de dignidade.
Se se confirma o achado, esta pode ser unha das noticias máis importantes do ano 2.012. Pero cales foron as noticias máis rechamantes do ano pasado en Cuba? Para CubaInformación as máis vistas e lidas foron as seguintes:
Top10 as noticias máis vistas e lidas
Posted in Galiza, Mundo, Xeral on 01/08/2012 10:09 p.m. by Xosé Antón
de reconstruír internamente o nacionalismo galego como Axente de Liberación Nacional e Transformación Social. Os obxectivos non se acadarán só cunha intervención electoral e institucional, senón por medio da hexemonía social do nacionalismo galego, gañada por medio da participación activa e referencial no tecido asociativo, cultural e veciñal do noso pobo, en clave galega, amplo e plural.
De ver se as novas iniciativas de medios de comunicación adquiren a capacidade de remover a información na Galiza e en galego. Como a do grupo promotor Read the rest of this entry »
Posted in Galiza, Mundo, Xeral on 03/22/2011 09:24 p.m. by Xosé Antón
Paremos a Guerra:
Paremos unha nova agresión imperialista para repartirse o botín despois da invasión militar!
Estou sorprendido de tanta indiferenza social (produto das infames mentiras mediáticas) diante das agresións dos cruzados, diante de tanto asasinato, diante da agresión imperialista para repartirse o botín da invasión. Esta indeferencia amosa ser un dos maiores trunfos do sistema capitalista, dos poderosos ladróns de recursos enerxéticos alleos que buscan a maior rendibilidade capitalista e asasina a escala mundial. Sabes que varios países se quedaron cos 200 mil millóns de dólares de reservas internacionais do pobo libio, depositados nos bancos europeos e de Estados Unidos ao conxelar os bens libios? E que os cruzados contra Libia asasinan apuntando contra múltiples obxectivos, como sistemas de comunicación, baixo o argumento de «protexer a civís». Dese xeito, zonas residenciais foron atacadas con mísiles que deixaron cuantiosos danos e vítimas civiles. Non pasa nada, se o importante é o petróleo e o gas! O resto son danos colaterais… Read the rest of this entry »
Posted in Xeral on 06/17/2010 12:46 a.m. by Xosé Antón
Mentres que a actual crise mundial volveu demostrar que as épocas de grandes conmocións económicas adoitan enriquecer aos ricos e empobrecer aos pobres, os gobernos deseñan programas de austeridade especialmente punitivos para os traballadores (deprimíndonos os salarios e os dereitos sociais).
Na presentación do compañeiro Xosé María Cotelo visualízase como os gobernos liberais e conservadores toleran a manipulación do mercado financeiro que só ha de beneficiar á elite económica, pasando o sufrimento á maioría social. Mentres que os responsables da desfeita económica foron rescatados con cartos públicos procedentes de futuros impostos, a crise impútasenos agora aos traballadores, seica por recibir uns salarios «elevados» e uns beneficios sociais considerados «excesivos» que, din, ameazarían a competitividade das economías dos países.
Posted in Mundo, Xeral on 01/28/2010 03:21 a.m. by Xosé Antón
A actitude anti- imperialista de Hugo Chávez Frías, o presidente de Venezuela, fixo que recibira ataques tanto da dereita e do liberalismo en todos os seus chanzos, como dunha esquerda de salón europea carcomida polo sistema, por non encasillarse o movemento bolivariano nun formato político “domesticado”. Mais, nun momento no que os movementos da esquerda estaban en decadencia e baixa moral foi capaz de mobilizar conciencias no espazo político de sudamérica para expandirse ao resto do planeta.
O seu desafío ao Imperio tivo a punto de facerlle perder a vida en varias ocasións, para ser atacado mediaticamente e de xeito coordinado polos mercenarios da (in)comunicación de maior influencia.
Chávez criticou con firmeza abusos dos EE.UU. en Iraq e tachou ao presidente estadounidense de criminal de guerra considerando, con toda razón, que debería ser xulgado na Corte Internacional de Xustiza. Na propia Asemblea Xeral de Nacións Unidas afirmou que Estados Unidos era un «Estado terrorista», mentres o resto de presidentes da moderada Europa encollían nos seus asentos. Read the rest of this entry »