Posted in Varios on 02/18/2010 01:13 am by Xosé Antón
Ultimamente non dou abasto co traballo (suma da xornada laboral, xunto coas tarefas que teño ecomendadas na A. C. Quinta Feira e as familiares) polo que deixarei, como nestes días pasados, de actualizar a miúdo o blogue até o remate das actividades pendentes de desenvolver en QF)
Déixovos o vídeo de Tosar na gala dos Goya que tanto dou que falar en tantas páxinas electrónicas. Tivo que ser duro para os creadores do innecesario e conflitivo decretazo antigalego, presentes no acto, escoitar falar a unha persoa (que non resulta ser precisamente modelo para o retrato dun colonizado) no idioma propio de Galiza, esa Nación cunha cultura tan ensimesmada e acomplexada!!!
Ao visionalo lembreime da intensidade das recentes actividades da plataforma Queremos Galego contra a política de galegofobia do goberno de Núñez Feijóo (o primeiro goberno do chamado periodo democrático que, amosando o seu odio contra o noso idioma e a nosa cultura, tomou iniciativas políticas que provocan o apartheid do idioma e da cultura galega)
Esas accións da plataforma asolagáronnos outra vez de Dignidade, de Vida.
Mais non debemos esquecer que, se as medidas antigalegas adoptadas polo PP saíron da campaña electoral, tamén debemos lembrarlles aos ultraconservadores que prometeron pórlle fin á crise económica nos primeiros 45 días de goberno. E case un ano despois de facerse co goberno do noso País, o desemprego aumentou na Galiza un 15%, onde moitas pequenas e medianas empresas pechan todos os meses e/ ou presentan concursos de acredores para intentar saldar as súas débedas.
Posted in Varios on 03/27/2009 12:44 am by Xosé Antón
Os do PSOE e os do Partido Popular garanten con este acordo que o “socialista”Patxi López sexa lehendakari. Segundo acordaron os socialistas e populares, o PP obterá a Presidencia do Parlamento Vasco mentres que o PSE reservarase dous postos na Mesa, asegurándose ambos a maioría no órgano de goberno da cámara. En devandita reunión, ambos os partidos alcanzaron un “principio de acordo” sobre as bases políticas e os obxectivos que terá o novo Goberno vasco e que non se clarificaron.
O lehendakari en funcións, Juan José Ibarretxe, agarda que a “alternativaque están formulando os dous partidos españois sirva para algo máis que para desprazar ao PNV e a el mesmo” do Goberno. Ibarretxe confía en que especifiquen “as políticas que conxuntamente”estes partidos realizarán, cando esta mesma semana o PP presentou un recurso de inconstitucionalidade contra os Orzamentos Xerais do Estado para 2009.
Queda claro que o lehendakari será “socialista”, mais o vindeiro presidente do Estado Español xa non está nada claro. As ganas do PSOE de facer un pacto co demo mesmo para sacarlle o poder ao nacionalismo, lévao a ter dificultades no goberno central(ista) e no congreso dos deputados. A consecuencia: que pode pagar ben caro nas urnas ese pacto, xa que o PNV, que gañou as eleccións en Euskadi ( foi o partido máis votado ) e axudou bastante a Zapatero na anterior e actual lexislatura, non perdoará esa traizón.
Posted in Varios on 03/03/2009 09:01 pm by Xosé Antón
O portavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso, Francisco Jorquera, admitiu hoxe que a derrota do bipartito galego nas eleccións do 1 de marzo é un fracaso electoral, mais advertiulle ao PSOE de que é un erro grave culpar os nacionalistas sen asumir a responsabilidade propia do propio PSOE – e da política errada de Emilio Touriño (isto último é colleita propia). Para confirmar a miña teoría chegades a xornal.com e lede a editorial do director.
Continúa Jorquera: “Nós sabemos que temos a nosa cota de responsabilidade, somos conscientes de que cometemos erros e imos iniciar un proceso acougado de reflexión de cara a rectificar o que se estime conveniente. Sería bo que o PSOE fixese a mesma lectura no canto de intentar transferirlles a outros responsabilidades propias”
Ten toda a razón Jorquera, non só da tontería do PSOE que xa temos moita experiencia diso, pois despois de laiarnos dos erros cometidos, temos que erguer a cabeza e empezar a funcionar despois dos choros (no meu caso literal) e da reflexión acougada. Canto antes e coa tranquilidade que nos deron os anos de sufrimento de oposición nas distintas institucións e o recoñecemento do noso excelente traballo no Goberno Galego.
Aínda me lembro do meu primeiro ano de cando era concelleiro do BNG na oposición en tempos máis complicados. O primeiro ano viñeron ameazarme á casa (un membro do goberno do PP), ratos mortos no buzón de correos (refírome ao animal non ao tempo morto mirando cartas), ameazas de querelas e ameazas por ir ao xuízos de testemuña dun agredido. Agora dáme a risa e se me pasase agora comíame o concelleiro da quenda no cocido, mais naquel tempo aínda non tiña os dentes en tan malas condicións como para non importarme a súa perda ao roerlle as costelas do edil.
Veña camaradas, despois das lóxicas e profundas reflexións e accións a acometer, arrincade que temos moito por facer e cambiar nesta sociedade, para iso temos que traballar (para chegar de novo ao goberno e transformar o que pouco a pouco vai tentar machucar a indecencia política do PP e a súa plataforma mediática chea de intereses persoais)
Posted in Varios on 02/19/2009 12:59 am by Xosé Antón
Segundo resaltan diversos medios informativos nacionais e estatais, a Fiscalía Anticorrupción solicitou hoxe ao xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón que se inhiba na causa pola que investiga a trama de corrupción relacionada coa operación Gürtel a favor dos tribunais superiores de xustiza da Comunidade Autónoma de Madrid e da Comunidade Valenciana.
Isto suporía, atendendo ao publicado polos devanditos medios, que a investigación da totalidade do sumario recaería no Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, agás determinados feitos, perfectamente escindibles, que correspondería investigar ao Tribunal Superior da Comunidade Autónoma de Valencia.
A Fiscalía aclara que as dúas fiscais encargadas do caso presentaron esta mañá no Xulgado Central de Instrución número 5 este informe, que lles solicitou Garzón para que se pronunciasen sobre os pasos a seguir no caso de que puidese haber imputados aforados na causa. O pasado venres, Garzón anticipou no auto polo que rexeitou a personación do Partido Popular (PP) na causa que existen serios indicios de que persoas vinculadas a esa formación política poderían ter responsabilidade nesa causa ou naqueloutras que se incoen tras a inhibición que se acordará por razón de aforamento dalgunhas delas. Read the rest of this entry »