Posted in Galiza on 11/16/2009 01:35 a.m. by Xosé Antón
Pouquiño a pouco estou a recuperar o meu blogue dunha desfeita considerábel no servidor de internet. Coa grand
e axuda de Lalo, o informático de cabeceira, que está a resucitar os textos que pode, aínda que se perderon todas as fotos subidas. Tamén, pouco a pouco, haberá que facer de novo toda a parte gráfica que tiña deseñada e irei modificando o aspecto actual da páxina.
Sabiades que Prensa Latina publica unha investigación do Centro para a Política Responsable na que se revela que 237 membros do Congreso de Estados Unidos son millonarios? Un 44% do total dos lexisladores!
Mentres que no Congreso un 44% dos lexisladores son millonarios, só o 1% dos 300 millóns de norteamericanos entra nesa cualificación.
A porcentaxe de pobres é elevada. Segundo cifras oficiais, neste país hai máis de 40 millóns de persoas que viven na pobreza e unha cifra similar carece de seguro médico.
O republicano de California, Darrell Issa, é o representante máis rico, cun patrimonio estimado en pouco máis de 250 millóns de dólares. Outros sete (polo menos) posúen unha fortuna que supera os 100 millóns de dólares. Entre eles destacan os senadores demócratas John Kerry, Jay Rockefeller, Herb Kohl e Frank Lautenberg.
Veña, que son representativos da sociedade estadounidense. Ah! Pero se cadra os estadounidenses non o saben. Ou si! Saben a quen votaron, mais non saben que votaron.
Home, como na Galiza! Tamén é casualidade: Read the rest of this entry »
Posted in Galiza on 11/02/2009 02:18 a.m. by Xosé Antón
Este sábado asistin a unha interesante xornada sobre os orzamentos da Xunta de Galiza e do estado español.
Abriu as xornadas o Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, que apelou a un acordo nacional galego entre as forzas políticas da Galiza para blindar o futuro das caixas galegas, un pacto para que o BNG pon dúas premisas básicas: que os centros de decisión das caixas de aforros queden en Galiza e que se reforme a actual lei de caixas. Incidiu Vázquez en que non nos xogamos neste momento si hai unha caixa galega e outra do sul, unha ou dúas, senón se é galega ou non.
Despois do discurso de apertura do Portavoz Nacional comezaron as conferencias e posterior debate. Algo que en principio semellaba ser unha árida recepción de complexa información fiscal, resultou ser un amena conferencia na que as didácticas explicacións dos relatores fixeron pasar axiña as horas.
Nesta xornada denominada “As receitas do Goberno español e da Xunta perante a crise e as alternativas do BNG”, que foi organizada pola secretaría de Formación do BNG, participaron como conferenciantes o ex-deputado do BNG e economista, Xosé Díaz; o catedrático de Economía da USC, Xabier Vence; o portavoz do Grupo Parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, e o portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera.
Despois da presentación de Francisco Rodríguez, comezou a intervención Xosé Díaz, quen fixo unha didáctica análise sobre de onde proveñen os recursos públicos. A todas as persoas que asistimos á conferencia sorprendeunos que a maior parte dos ingresos do orzamento proveñen da clase traballadora: Read the rest of this entry »
Posted in Galiza on 10/30/2009 01:59 a.m. by Xosé Antón
Esta recente presentación gráfica (feita polo camarada Xosé Cotelo) do anterior decreto eólico sírveme para lembrarvos o que se dixo varias veces neste blogue sobre que Galiza era a gran beneficiaria da resolución do concurso eólico, xa que o 14 por cento da potencia eólica no decreto eólico aprobado na lexislatura anterior (goberno bipartito) quedaba en mans públicas.
E que iso implicaba que Galiza e as galegas e galegos serían os grandes beneficiarios da anterior resolución.
E que a consellaría de Innovación e Industria, liderada polo conselleiro nacionalista, Fernando Blanco, acordara admitir a trámite, trala resolución da comisión de valoración, un total de 2.290 megavatios eólicos, dos 2.325 que se poderían acoller. O 14,2% ( un total de 325,74) serían cedidos á Xunta de Galiza, xerando nesas circunstancias 30 millóns de euros por ano.
Que o PP o botase abaixo, coa súa chegada ao goberno galego, está influíndo xa na baixada dos orzamentos galegos.
Xa temos falado neste blogue, e non positivamente, do proxecto de orzamentos que vén de ser presentado polo goberno da Xunta. Tampouco o BNG considera o presuposto do 2.010 bo para Galiza, xa que reflicte á perfección a situación que as galegas e galegos padecemos desde a chegada do PP ao Executivo: a máis absoluta inacción e parálise dun goberno que carece de alternativas para enfrontar a crise. Read the rest of this entry »
Posted in Galiza on 10/29/2009 02:20 a.m. by Xosé Antón
As últimas novas obríganme a deixar un tempo a colaboración nos preparativos do Samaín que Quinta Feira está a organizar para este venres na Laracha (a canda o magosto da Cutareira) para escribir no blogue, que tan descoidado teño estes días.
Hai tempo lin unha noticia relativa a uns estudos onde uns investigadores comprobaron que os peixes alteran o seu
esforzo reprodutivo para adaptarse ao ambiente. En ambientes hostís producían máis embrións no seu ciclo reprodutivo. Isto ten sentido porque con contrarios ao seu redor un non ten tantas oportunidades para reproducirse. En augas menos perigosas producían menos embrións por vez, xa que así a cantidade de recursos gastados para a reprodución é menor.
Iso lle debe pasar ao PP, que dada a dificultade manifesta para ocultar a aceptábel xestión do anterior goberno da Xunta (onde o BNG era o motor dos cambios estructurais), abre moitas frontes de conflitos cun considerábel esforzo reprodutivo para incrementar a posibilidade de supervivencia. Read the rest of this entry »
Posted in Galiza on 10/25/2009 07:27 p.m. by Xosé Antón
A Asemblea Nacional de Galiza Nova, que tivo lugar este fin de semana, elixiu unha nova dirección (formada por 25
persoas ás que se sumarán @s responsábeis eleitos nas comarcas) e fixou ademais o traballo político de Galiza Nova para os próximos dous anos.
“Alternativa Xuvenil pola Unidade”, encabezada por Iria Aboi Ferradás (novamente elixida secretaria xeral de Galiza Nova) consigue 15 dos 25 postos na nova dirección, grazas a un traballo máis pegado á realidade física que as compañeiras e compañeiros das outras candidaturas concorrentes. “Proposta Militante”, encabezada por Noa Presas Bergantiños, consigue 5 e “Entre tod@s, Galiza Nova», encabezada por Inhigo Ansótegui Soares, outros 5.
Visualizouse claramente a vontade de integración en Galiza Nova ao acordarse que na Permanente da Dirección Nacional estean representadas as tres correntes presentadas (7, 2, 2 respectivamente) .
Do debate deste proceso sae unha Galiza Nova máis reforzada para poder facer fronte con máis forza e contundencia ás políticas ultra – conservadoras do PP que tanto dano están a facer á xuventude, un dos sectores máis castigados polas medidas da rancia dereita instalada no actual goberno galego. Read the rest of this entry »