Agustín Fernández Paz e o premio a un pensamento crítico
Posted in Galiza on 11/17/2010 01:46 a.m. by Xosé AntónNon hai moito tempo, o presidente da MESA e portavoz da plataforma Queremos Galego, Carlos Callón, amosando o
rexeitamento á imposición do decreto anti – galego do PP, explicou que somos a única comunidade autónoma do Estado, con lingua propia diferente do castelán, na que se poñen topes para a presenza do idioma propio, se impide a súa presenza en determinadas materias educativas e se posibilita que haxa nenas e nenos que non o escoiten na escola até cumprir os seis anos. O goberno ultra – conservador da Xunta de Galiza, como lembrou Callón, “debería estar á cabeza das políticas de defensa e promoción da lingua, pero…está impulsando o proceso de desmantelamento”.
Por motivos similares aos sinalados polo presidente da MESA, o escritor Agustín Fernández Paz rexeitou o Premio da Cultura Galega das Letras que lle foi concedido polo xurado presidido polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela. Read the rest of this entry »
galeguismo do século XXI no antigalego “Decreto do Plurilingüismo”, afirma que o galeguismo non pode ser unha «estatua de sal» e que debe adaptarse aos novos tempos. Ou sexa, o galeguismo moderno, atendendo á actitude dos dirixentes do PP, debe atacar continuamente ao idioma galego, participar no exterminio da nosa Cultura e alimentar o auto-odio na sociedade galega para que continúe subordinada ao ditado do centralismo ultraconservador que puxo a Feijóo en San Caetano.
