Archive for the ‘Galiza’ Category

E son estes os que gobernan Galiza?

Un ano despois de que o PP se fixese co goberno do noso País, o desemprego aumentou na Galiza un 15% e as políticas con marca conservadora camiñan en sentido contrario a paliar  a  crise económica ao financiar a deslocalización das empresas galegas. Noutros casos  adxudican contratos ás empresas nas que traballaron ou mercan, de xeito insensato, máis de 400 vehículos en dez meses de lexislatura. Será para controlarlle as dietas aos parlamentarios ppopulares? Da situación económica e doutros temas da actualidade galega falou con clareza o Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, nunha áxil entrevista na TVG. Read the rest of this entry »

 

Outra de racismo antigalego

Semella que agora todos os representantes partidos políticos da cámara galega, até o presidente da Xunta, están molestos coa actitude da extremista Rosa Díez, que, como ben dixo Pilar García Negro, é igual de racista que os nazis.

Mais non me parecen cribles as declaracións dalgún dos partidos políticos. E logo, non nos lembramos dunhas asociacións foráneas que apoiaron unha manifestación antigalega aplaudida por Feijóo e duramente criticada desde posicións nacionalistas?

 Non foi acaso Feijóo, o do decretazo antigalego, o que se manifestou a favor das ideas que defende Galicia Bilingüe e considerou adecuado e razoable que membros do seu partido acudiran á manifestación, organizada polo colectivo comandado por Gloria Lago, porque está dentro das súas ideas lingüísticas.
Á manifestación convocada Galicia Bilingüe acudiron, ademais da líder do UPyD, Rosa Díez , os membros do PP Afonso Roda, Ana Pastor, Corina Porro, Carlos Negreira e Ignacio López Chaves.

Estes políticos do PP compartiron a pancarta que encabezaba a marcha coa presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, a líder do UPyD, Rosa Díez, Miguel Cancio ou representantes de Cidadáns como Albert Rivera e Antonio Carballos.

Xa o BNG afirmara, naquel intre, que a manifestación baseábase na mentira de que o castelán está en perigo en Galiza e considerou que esta convocatoria estaba protagonizada polo sector máis reaccionario españolista. Agora, diante da resposta social á actitude racista de Díez, algúns no PP non queren salpicarse na lameira antigalega. Mais na pancarta da manifestación si que estaban. E o decretazo antigalego é cousa deles, en exclusiva.

E o silencio que consinte, do realizador da entrevista, Iñaki Gabilondo, amosa que o termo pexorativo non foi eliminados da mente dalgún famoso persoeiro do periodismo, aínda que xa non exista no dicionario da RAE grazas ao traballo político do BNG.

 

O PP prefire a deslocalización das empresas galegas

Lembraba nun artigo anterior que o PP  prometera que, ao chegar á Xunta de Galiza,  poría  fin á crise económica nos primeiros 45 días de goberno. Case un ano despois de facerse co goberno do noso País, o desemprego aumentou na Galiza un 15%, e pequenas e medianas empresas pechan todos os meses e/ ou presentan concursos de acredores para intentar saldar as súas débedas.

E cal é a actitude deste goberno antigalego coas empresas que realizan ERE sen xustificación? Pois esta Xunta concédelles créditos, dese xeito financian a deslocalización da produción e, por conseguinte, a destrución de emprego no noso país, ou  ”favorece” a empresas ligadas ao PP.

 presentacións do camarada Xcotelo.

 

terraetempo.com

Axiña vai comezar a edición en liña do Terra e Tempo. O dixital aparecerá coa lenda “dixital galego de pensamento nacionalista” e -segundo os seus promotores- pretende achegar análises sobre a realidade actual desde unha perspectiva nacionalista. O dixital estará actualizado diariamente, os 7 días da semana, en canto a artigos de opinión, e cunha actualización máis espazada no tempo no que se refire aos apartados de videoteca, imaxes e descarga de documentos. O proxecto conta cun amplo grupo  de colaboradoras e colaboradores da Nación Galega.

 

Orgullos@s do noso, orgullos@s do Galego

Benvida, benvido. Este é un espazo onde queremos mostrar o orgullo que temos os galegos e as galegas pola nosa lingua. Sexa cal sexa a cor da nosa pel, onde naceramos, de quen veñamos sendo, ou se nos gusta máis a lúa ou o sol, somos moitos e moitas os que estamos orgullosos de termos unha lingua propia.
Así aparece na cabeceira da presentación do vídeo “Orgullos@s do noso, orgullos@s do Galego” da Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) .

Neste vídeo, persoas do mundo do cine, da música e do xornalismo apoian a campaña a prol do uso normal do galego como ligua propia do noso País, fronte as iniciativas de desmantelamento da oficialidade do noso idioma por parte da Xunta de Núñez Feijóo.
Esta coordinadora, que bota por fóra de alegría polo traballo feito, está formada por profesionais do ensino de centros públicos, privados e concertados que levan anos con iniciativas a prol do galego, unidas por un mesmo ideario lingüístico: o galego é a lingua propia de Galiza, tal e como aparece no Estatuto de autonomía Galego.
A ver se alguén do PP aprende a ler o que aparece redactado  sobre o idioma propio de Galiza no Estatuto!

Orgullos@s do galego da Coordinadora Galega ENDL