Archive for the ‘A Costa da Morte’ Category

Porque rexeitamos o decretazo antigalego da Xunta?

Quedan moi poucos días para chegar ao 21 de xaneiro. Unha data moi importante  na que se visualizará a

repartindo material de Queremos Galego na Laracha

 esixencia cidadá de retirada do decretazo contra o galego e para que a Xunta aplique unha política educativa de defensa e promoción do noso propio idioma. O PP, que (mal)goberna o noso País, pretende diminuír a presenza da nosa lingua no ensino, para que ás nosas fillas e fillos se lles vulnere o dereito a unha educación de calidade e en galego, pondo ademais en perigo a pervivencia da nosa propia cultura.

 A plataforma Queremos Galego, promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística e hoxe integrada por máis de 600 entidades, entre as que se encontran Quinta Feira e A Cutareira da Laracha, convocou para ese día unha folga xeral do ensino para exixir a retirada do decretazo contra o galego e para que a Xunta aplique unha política educativa de defensa e promoción do noso idioma propio.

 Facéndolle caso ao dito pola  MESA – aínda hai tempo para facer o posíbel para que a contestación do 21 de xaneiro estea á altura desta agresión histórica – e como integrantes das asociacións anteriormente nomeadas, participamos nas actividades informativas da folga xeral do 21 de xaneiro para informar, dentro das nosas posibilidades, á comunidade educativa da Laracha da razón da convocatoria do paro xeral do ensino e animando  a que se unan á folga e á manifestación que sairá ese día ás 11,30 h da Alameda de Santiago de Compostela.

 Por que rexeitamos este decretazo?

 

Conferencia de Francisco Jorquera na Laracha: as caixas de aforro e o futuro económico de Galiza

ligazón á galería de fotos da conferencia     (Vídeo da 2ª, 3ª, 4ª parte clicando en ler máis)

Francisco Jorquera, deputado no Congreso polo BNG, estivo este venres, 15 de xaneiro, na Laracha para explicar a posición do Bloque Nacionalista Galego sobre un dos debates de maior trascendencia no presente e con maior repercusión de cara ao futuro: a Lei de Caixas.

 Este acto foi presentado polo Responsábel Local do BNG, Fernado Gesto Montes, quen abriu a conferencia explicado como se foi andando o camiño para a aprobación da Lei de Caixas Galega.

 Comezou a súa intervención Francisco Jorquera explicando que a nova Lei de Caixas, que é unha iniciativa do BNG, democratizará os órganos de xestión, vai permitir unha caixa ao servizo de Galiza que potencie o desenvolvemento da economía produtiva do País.

 Lembrou Jorquera que hai un desexo do poder central, do que participa naturalmente o grupo socialista e o PP, e que en esencia apunta cara á deslocalización das caixas e á súa posterior bancarización. Nun camiño  que  apunta ao liberalismo estremo, que é o que conduciu á crise financeira internacional.

 O Goberno Galego debe aplicar a Lei de Caixas aprobada polo Parlamento a instancias do BNG e debe apostar sen ambigüidade pola fusión galega.

Ou temos esa caixa galega ou teremos unha sucursal doutras caixas foráneas fusionadas cun centro de decisión fóra de Galiza. Perderíamos institucións financieiras propias. Isto repercutiría negativamente nas pequenas  e medianas empresas do País. Esa é a dialéctica real.

Aquí podes ver a intervención de Francisco Jorquera na Laracha, dividida en catro partes:

Parte 1
 Para ver as seguintes partes clica en

Read the rest of this entry »

 

As Caixas de Aforro e o futuro económico de Galiza

Francisco Jorquera explicará na Laracha a posición do nacionalismo sobre este debate que afecta ao futuro do

 país. A conferencia será presentada polo Responsábel Local do BNG, Fernando Gesto Montes.

Francisco Jorquera, deputado no Congreso polo BNG, estará este venres, 15 de xaneiro, na Laracha (20.30 horas, aula cultural de Caixa Galicia) para explicar a posición do Bloque Nacionalista Galego sobre un dos debates de maior trascendencia no presente e con maior repercusión de cara ao futuro: a Lei de Caixas.

Feijóo sementou dúbidas sobre as súas verdadeiras intencións a respecto dofuturo das caixas galegas nunha recente entrevista na cadea Cope, deixando entrever que estaría en disposición de estudar alternativas distintas á da fusión galega. Mais agora non é hora de vacilacións. É hora de decisións.

 O Goberno debe aplicar a Lei de Caixas aprobada polo Parlamento a instancias do BNG e debe apostar sen ambigüidade pola fusión galega. Calquera outra opción sería facerlle o xogo a algúns que continúan tendo como obxectivo a desgaleguización destas entidades e a súa progresiva privatización. Read the rest of this entry »

 

Que dis que fixo o PP durante o 2009?

Xa expliquei nalgunha que outra ocasión a razón pola que lle chamo á actual xeración de políticos demagogos do actual (des)goberno da Xunta xeración TUCSIM: Trapalleiros, Ultra Conservadores, Sen Ideas, sen proxectos de goberno para o noso país e Mintireiros.
Feijóo, que durante a campaña dicía saber como acabar en poucos días (45) coa crise, e que tempo despois non foi capaz de poñer ningunha medida eficaz sobre a mesa (por non ter un proxecto de goberno serio para o país) só se dedicou a criticar as políticas do anterior goberno bipartito e fundar unha verdadeira «brigada de demolición» de políticas públicas desenvolvidas polo BNG, entre elas derrogar o concurso eólico, desmantelar o sistema de benestar social ou facer do galego unha lingua marxinal no noso País.

Promesas electorais fixo ben delas, case todas incumpridas (menos as anteriormente citadas), mais o emprego, desde que o PP chegou de novo á Xunta, e a economía galega van de capa caída. Un ano de Goberno TUCSIM, aplicando medidas neoliberais, trouxo consecuencias demoledoras para a clases traballadoras: hai na Galiza 223.000 persoas en paro.

Non habería que denunciar a Feijóo por publicidade enganosa e polas desfeitas que está a facer no noso País? Se cadra chegaba con que as galegas e galegos aprenderamos a votar.

Podería comentar, como calquera observador da realidade, o que fixo o PP no tempo que leva de lexislatura, mais semella bastante ben resumido na presentación do camarada Xosé Cotelo, presidente da A.VV. A Cutareira da Laracha e autor dunha das presentacións máis reenviadas a través dos correos electrónicos: para que serve o ogalego. Convídote a ver que fixo o PP durante o 2.009

 

A guerra do coltán ou como os móbiles se converten en cadaleitos

Pregunteille a María Rei, presidenta de Quinta Feira, a razón pola que non subía á rede a presentación que realizou sobre a guerra interminábel do Coltán. Respondeume que xa o ía facer, pero debería adaptala a un  tamaño axeitado, pois como a tiña facíase moi “pesada” para subila, ademais había suficiente información en Rebelión e noutra páxinas de información alternativa sobre a República Democrática do Congo e as grandes cantidades cobre, cobalto, estaño, uranio, ouro e diamantes, casiterita, wolframita e sobre todo coltán que posúe.

Nunha conversa posterior con diversas persoas, na que falabamos sobre as distintos xeitos dos que actúa o imperialismo no mundo para facerse coas riquezas  ou eliminar os elementos de autogoberno, a conciencia social ou o dereito á autodeterminación dos pobos, chegamos a falar do Congo. Ninguén coñecía que a maior reserva do coltán (80% das existencias deste raro mineral no planeta) está na República Democrática do Congo (RDC).

Do coltán  extráese o tantalio (posúe unha gran resistencia ao calor e excelente conductividade) que é imprescindible para a fabricación de novas tecnoloxías. Desde o móbil que usamos até as naves espaciais, pasando polos computadores portátiles e as videoconsolas. Todas levan coltán e precisamente atópase na zona en conflito onde desde 1998 morreron case cinco millóns e medio de persoas.

O Congo ten tanta riqueza que coa súa explotación debería nadar na abundancia, mais non é así. Desángrase por un conflito económico de gran alcance onde a existencia do coltán e as trasnacionais ten moito que ver,  xa que o mundo occidental semella que non pode vivir sen ese preciado mineral. Diso pouco sabemos a través dos medios de información xeral. Por iso convídovos a ver a presentación “alixeirada” que María Rei subiu á rede.

Clica na tecla verde da parte inferior para avance automático de vídeo
Presentación realizada por María Rei, presidenta de Quinta Feira A LARACHA.