Comeza un ano interesante e complicado. A ver do que somos capaces…

de reconstruír internamente o nacionalismo galego como Axente de Liberación Nacional e Transformación Social. Os obxectivos non se acadarán só cunha intervención electoral e institucional, senón por medio da hexemonía social do nacionalismo galego, gañada por medio da participación activa e referencial no tecido asociativo, cultural e veciñal do noso pobo, en clave galega, amplo e plural.

De ver se as novas iniciativas de medios de comunicación adquiren a capacidade de remover a información na Galiza e en galego. Como a do grupo promotor de SERMOS GALIZA, que anuncia a intención de botar a andar un diario dixital e un semanario en papel, substentado fundamentalmente nos subscritores e nun accionaraido amplo e plural.

Tamén  Praza Pública, que pretende a visibilidade e maiores cotas presenza do galego nos medios de Galiza.

Un medio que cubrirá, na meirande parte de contidos, o ámbito cultural denominado Dioivo, entre outros como a revista Tempos Novos na rede temposdixital.com ou unha de ex – traballadores Xornal de Galicia camiñan nese obxectivo.

 

De evitar que o imperialismo siga a expandirse, controlando os recursos enerxéticos, ameazando e atacando todo o que se opón á súa dominación. Grazas á mentalidade imperialista de estamos en guerra. Non hai que esquecer o que Obama dixo: …»Imos reforzar a nosa presenza na rexión Asia-Pacífico … Seguiremos investindo nas nosas asociacións e alianzas críticas, incluíndo a OTAN, que demostrou unha e outra vez (recentemente, en Libia), un efecto multiplicador de forzas. Estaremos vixiantes, particularmente en Oriente Medio. Nos próximos dez anos, o crecemento do orzamento de defensa será lento, pero a realidade é esta:. continúan medrando porque temos responsabilidades globais que esixen o noso liderado. En realidade, o orzamento da defensa será maior do que era ao final do goberno de Bush.

 

De impedir que a oligarquía  elimine os dereitos da maioría social e frustre as nosas aspiracións a unha vida digna. Os poderosos están apoiados por un goberno que non dubida  en aprobar un duro plan de recortes sociais, mentres abre unha  liña de axuda ás Entidades financeiras por nada menos que 100.000 millóns de euro.É rechamante o desemprego segue a subir ininterrompidamente, mentres que as grandes empresas privadas aumentan os seus beneficios en varios millóns de euros.Cando o 80% do peso do aumento do imposto sobre a renda persoal recae sobre os pensionistas e os traballadores. Os Técnicos do Ministerio de Facenda (GESTHA) din que elevar o imposto sobre as sociedades nun 5%, 30% a 35% – para as grandes empresas (aquelas cun volume de negocio de máis de 45 millóns de euros e cuxos beneficios exceden de 1.000.000 €) recaudaría case tanto como todas as medidas anunciadas polo goberno de Rajoy xuntas: Cerca de 14 mil millóns de euros.Aínda máis: Con só dez puntos para reducir a economía «mergullada» en España, o goberno podería recadar cada ano máis de 38,5 mil millóns adicionais, máis do dobre dos 16,5 mil millóns que quería aforrar o novo goberno en 2012.

 

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta