A guerra imperialista contra Libia só terá un culpábel: Gadafi
Posted in Mundo on 08/29/2011 06:34 p.m. by Xosé Antón
Unha análise ponderada e acertadísima, nunha coñecida axencia de noticias, pon á vista de todos que a vitoria dos chamados «rebeldes» nunca existiu. Gañou a OTAN -contra un país desarmado ou mal armado e con poucos efectivos militares - grazas aos miles e miles de bombardeos selectivos e non tan selectivos e a irrupción de expertos militares de distintos países da OTAN, o cales tiveron que xogar sucio para gañar a guerra en Libia. Agora, desde Europa, aproveitando a carencia de imparcialidade dos medios de incomunicación, comezará unha campaña mediática para xustificar a cacería contra Gadafi, ao que acusarán de todos as mortes da guerra imperialista contra o país africano:
http://sp.rian.ru/opinion_analysis/20110829/150372636.html
O que non se gañará será a paz. Só as transnacionais farán o seu agosto. Un francés (ou unha mente colonizada en francés) tamén será o novo presidente?
A re- colonización do Magreb está comezando. O seguinte paso: unha base militar dos EE.UU. para pisar a dignidade dos que se quedarán sen nada, incrementando a listaxe dos ninguén en África.
Como subliñaba o analista Dan Glazebrook en RT, a operación da OTAN en Libia está destinada a crear un Estado errado e controlable, seguindo mesmo guión de Iraq e Afganistán:
«Fundamentalmente, esta guerra serve para manter a África nunha posición subordinada na economía global. No 2010, Gaddafi propuxo á Unión Africana, e esta aceptouno, que ningún país do continente tivese dereito a instalar bases estadounidenses no seu territorio. Desde este momento, EE. UU. desexaba desesperadamente destituír a Gaddafi»,