Xoves 24, concentracións contra guerra en Libia:Paremos a agresión imperialista

 

 

Paremos a Guerra:

 Paremos unha nova  agresión imperialista para repartirse o botín despois da invasión militar!

Estou sorprendido de tanta indiferenza social (produto das infames mentiras mediáticas) diante das agresións dos cruzados, diante de tanto asasinato, diante da agresión imperialista para repartirse o botín da invasión. Esta indeferencia amosa ser un dos maiores trunfos do sistema capitalista, dos poderosos ladróns de recursos enerxéticos alleos que buscan a maior rendibilidade capitalista e asasina a escala mundial. Sabes que varios países se quedaron cos 200 mil millóns de dólares de reservas internacionais do pobo libio, depositados nos bancos europeos e de Estados Unidos ao conxelar os bens libios? E que os cruzados contra Libia asasinan apuntando contra múltiples obxectivos, como sistemas de comunicación, baixo o argumento de «protexer a civís». Dese xeito, zonas residenciais foron atacadas con mísiles que deixaron cuantiosos danos e vítimas civiles. Non pasa nada, se o importante é o petróleo e o gas! O resto son danos colaterais…
  Que vemos nisto?
    Europa e EE.UU. colonizando Áfica de novo:
Orientando a conduta social a escala masiva a través dos medios de manipulación informativa, controlados polo sistema capitalista, os ataques contra Libia autorizados polos poderosos países que controlan a ONU buscaron o mesmo obxectivo colonizador que en iraq. Controlar o poder político e os enormes recursos enerxéticos. Asasinar non é problema se o fai occidente…

Pero, por fin (xa me tardaba!!!) comezan a declaracións de rexeitamento das agresións imperialistas. Nese senso, BNG denunciou o dobre raseiro empregado polos estados atacantes que interveñen militarmente sobre Libia alegando a represión da súa poboación civil, ao tempo que outros estados en conflito están a reprimir cruelmente as mobilizacións das súas poboacións co silencio e cumpricidade da comunidade internacional

 Cal puido ser o motivo da guerra?:

 Aporrea publica que Gaddafi quixo nacionalizar petroleiras de EEUU, Reino Unido, Canadá, Alemaña, Noruega, España e Italia.

O 25 de xaneiro de 2009, Muammar Ao Gaddafi anunciou que o seu país estaba estudando a nacionalización de empresas estranxeiras debido á baixada dos prezos do petróleo.

“Os países exportadores de petróleo deberían optar pola nacionalización debido á rápida caída dos prezos do cru. Hai que pór o tema sobre a mesa e discutilo seriamente”, afirmou Gaddafi.

“O petróleo debería ser propiedade do Estado neste momento, así poderiamos controlar mellor os prezos mediante o incremento ou a diminución na produción”, dixo o líder libio.

Estas declaracións preocuparon ás principais empresas estranxeiras que operan en Libia: a anglo-holandesa Shell, a británica British Petroleum, as estadounidenses ExxonMobil, Hess Corp, Marathon Oil, Occidental Petroleum e ConocoPhillips, a española Repsol, a alemá Wintershall, a austríaca OMV, a norueguesa Statoil, a italiana Eni e a canadense Petro Canadá.

Concentracións na Galiza en contra a guerra :

 Lugo: Praza de Armañá (diante da Subdelagación do Goberno), ás 20:30 horas.

Santiago: Praza de Cervantes, ás 2030 horas.

Ourense: Subdelegación do Goberno de Ourense, ás 20:30 horas.

Foz: Praza do Concello, ás 20:30 horas.

 Pontevedra: Praza da Peregrina, ás 20:30 horas.

A Coruña: no Obelisco, ás 20:30 horas

Vigo: diate do Museo Marco (Rúa do Príncipe), ás 19:30 horas.

 Ferrol: Praza de Armas, ás 19 horas.

 

Deixa unha resposta