Archive for Marzo, 2011

Xoves 24, concentracións contra guerra en Libia:Paremos a agresión imperialista

 

 

Paremos a Guerra:

 Paremos unha nova  agresión imperialista para repartirse o botín despois da invasión militar!

Estou sorprendido de tanta indiferenza social (produto das infames mentiras mediáticas) diante das agresións dos cruzados, diante de tanto asasinato, diante da agresión imperialista para repartirse o botín da invasión. Esta indeferencia amosa ser un dos maiores trunfos do sistema capitalista, dos poderosos ladróns de recursos enerxéticos alleos que buscan a maior rendibilidade capitalista e asasina a escala mundial. Sabes que varios países se quedaron cos 200 mil millóns de dólares de reservas internacionais do pobo libio, depositados nos bancos europeos e de Estados Unidos ao conxelar os bens libios? E que os cruzados contra Libia asasinan apuntando contra múltiples obxectivos, como sistemas de comunicación, baixo o argumento de «protexer a civís». Dese xeito, zonas residenciais foron atacadas con mísiles que deixaron cuantiosos danos e vítimas civiles. Non pasa nada, se o importante é o petróleo e o gas! O resto son danos colaterais… Read the rest of this entry »