Archive for Febreiro, 2011

Libia: entre a desinformación e a intervención militar

O programa Dossier analiza noticias de resonancia mundial en «pleno desenvolvemento». Neste programa Walter Martínez, a través do sinal da canle Venezolana de Televisión, informa sobre os sucesos en Libia.

Como sinalan diversos  especialistas en xeopolítica, Gadafi pelexa contra as potencias  ( EEUU  e satélites) que controlan o sistema capitalista a escala global. Nunha primeira etapa, abortou a «revolta popular» organizada pola CIA desde Exipto, concentrou as súas forzas na capital de Libia e aí estableceu o seu cuartel xeral.

Tempo despois, coas forzas rebeldes, apoiadas pola CIA, controlando o leste do país, unha xigantesca maquinaria de presión mediática accionouse contra Gadafi. EEUU e Europa xa non disimulan e falan abertamente de «intervención militar» sustentada na OTAN. A desinformación que recibimos fainos percibir unha confusa realidade do que pasa en Libia.

Os que manteñen unha posición antibelicista son os gobernos revolucionarios suramericanos- entre eles Venezuela, Cuba, Nicaragua, Ecuador- que recibiron críticas, até de partidos políticos de esquerdas doutras latitudes, como do partido comunista iraniano, por apoiar o  que eles entenden como independencia de Libia. Unha representante do PCI analiza ese posicionamento como actitude equivocada  por simple enfrontamento  aos intereses do Imperio e os seus satélites europeos. Read the rest of this entry »

 

Un plan para dividir Libia, aproveitarse dos seus recursos enerxéticos e cambiar o mapa político do norte de África?

 

Coincido con Fidel Castro: poderase estar ou non de acordo con Gadafi. O mundo foi invadido con todo tipo de noticias, empregando os medios masivos de información. Haberá que esperar o tempo necesario para coñecer con rigor canto hai de verdade ou mentira. Mentiras masivas para derrubar o poder político nun país cheo de hidrocarburos para invadilo dentro duns días ou horas?  Outro Iraq máis?

O presidente de Libia, Muammar Gaddafi, asegurou que os Estados Unidos está detrás das mobilizacións contra o seu goberno e chamou a asegurar as rúas» contra os «ratos» que intentan «dividir» o país.

Unha cousa é a manifestación pacífica e outra é recorrer ás armas para quedarse con parte do territorio», advertiu Gaddafi nun discurso dende as oficinas de goberno destruídas en 1986 por un bombardeo dos Estados Unidos. Read the rest of this entry »