Archive for Xaneiro, 2011

Vídeo da folga convocada pola CIG e análise da repercusión mediática

   

 Unha análise publicada na web da CIG amosa un novo episodio de deliberada distorsión da realidade, da manipulación, para invisibilizar ao sindicato nacionalista e cualificar de fracaso convocatoria de folga xeral .

Esa análise transmítenos como á práctica unanimidade dos medios de comunicación fan de altofalantes das políticas conservadores e liberais que asolagan Europa e inxéctannos o veleno informativo sobre a suposta  insustentabilidade do estado do benestar. Dese xeito pretenden   que asumamos como necesarios e xustos os recortes sociais que nos oprime, aínda máis, á maioría social; para incrementar o beneficio do sistema financeiro, do mercado, dos de sempre, da elite económica, da oligarquía.

 

Folga xeral na Galiza: un éxito incuestionable.

A participación da xornada de folga de hoxe, convocada pola CIG e apoiada polo BNG,  foi maior que a rexistrada na folga xeral do 29 de setembro, cando o chamamento fora realizado por todas as centrais sindicais (na manifestación central de Vigo participaron 50.000 persoas).

Soe cualificarse como folga á deliberada e coordenada interrupción da actividade laboral por parte dos traballadores para presionar aos seus empleadores privados ou públicos co fin de alcanzar determinadas reivindicacións. Mais esta foi algo distinta e arriscada, tiña máis calado, pois nunca desde o goberno se realizaran uns ataques tan fortes, sen precedentes, contra o benestar social da poboación en xeral, aprobando medidas que atentan contra o conxunto  da cidadanía, e con CC.OO. e UGT – negociado os recortes co actual goberno liberal- limitando os dereitos a unha  clase traballadora que din defender. Read the rest of this entry »

 

Discurso de Soto Rojas, Presidente da Asemblea Nacional de Venezuela (parlamento): O capital escraviza o traballo e oprime ao Pobo

Fernando Soto Rojas, nado no 1933, participou na resistencia contra a ditadura de Marcos Pérez Jiménez e na década dos anos 60 comandou a guerrilla que se instalou nas serranías de “El Bachiller” baixo o alias de «comandante Ramiro», até a súa disolución en 1969. Desde a década do 80 incorporouse ao traballo político e social.