Archive for Novembro, 2010

Agustín Fernández Paz e o premio a un pensamento crítico

Non hai moito tempo, o presidente da MESA e portavoz da plataforma  Queremos Galego, Carlos Callón, amosando o rexeitamento á imposición do decreto anti – galego do PP, explicou que somos a única comunidade autónoma do Estado, con lingua propia diferente do castelán,  na que se poñen topes para a presenza do idioma propio, se impide a súa presenza en determinadas materias educativas e se posibilita que haxa nenas e nenos que non o escoiten na escola até cumprir os seis anos. O goberno ultra – conservador da Xunta de Galiza, como lembrou Callón, “debería estar á cabeza das políticas de defensa e promoción da lingua, pero…está impulsando o proceso de desmantelamento”.

Por motivos similares aos sinalados polo presidente da MESA, o escritor Agustín Fernández Paz rexeitou o Premio da Cultura Galega das Letras que lle foi concedido polo xurado presidido polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela. Read the rest of this entry »

 

A sanidade cubana sementa Revolución

Aínda que a solidariedade de médicos cubanos por todo o mundo alarma ao goberno de EE.UU. e mesmo Australia, a presenza de persoal de saúde cubano en nacións do Caribe e América Sur, do sur de Asia, África e o Pacífico mantense en  permanente e solidaria actividade. Tamén se atende na illa ás peroas que non  poden  recibir ou pagar nos seus países a atención sanitaria.

Dise que Cuba, cunha poboación de pouco máis de11 millóns de habitantes,  ten 20 000 médicos prestando servizos en 68 países. Esta cifra semella quedar pequena se atendemos ao que revelou onte Hugo Chávez: en Venezuela desenvolven a súa actividade 31 mil médicos cubanos.

Detallou que  o acordo entre Venezuela e Cuba é moi amplo porque abarca a parte económica e a parte social. «Por exemplo, no sector saúde, Cuba instalou en Venezuela 6.790 consultorios médicos; 3.019 cadeiras de brazos de odontoloxía; a Misión Milagre logrou abrir 459 ópticas populares; os médicos cubanos salvaron a vida a 295 mil vidas e en optometría atendéronse a 27 millóns acodes de xeito totalmente gratuíto, entre outros logros».

Fragmento do documental Sicko de Michael Moore, onde uns
cidadáns de EE.UU. buscan solución ás súas enfermidades en Cuba.
cubainformacion.tv

Read the rest of this entry »

 

Masacrar a dignidade saharaui

Cando escoitamos falar de bulldozer, de avións ou helicópteros que reducen as casas a cascallos, de comandos militares que matan a civís desarmados, de agresións de todo tipo co apoio de todo o inmenso poder do estado agresor, poderiamos entender que quen está a sufrir as agresións é o pobo paestino, mais tamén lles está a ocorrer ao saharaui. Porque o agresor e  colonizador  estado de  Marrocos está a comportarse do mesmo xeito coa poboación saharaui que o xenocida estado de Israel con Palestina.

Tanto Palestinos como saharauis entenden que a forza da moralidade e da xustiza é maior que a do odio e a violencia que soportan por parte do invasor. E teñen tan só as súas mans, os seus  corazóns e as nosas voces para defenderse de tanta e continuada agresión.

Read the rest of this entry »

 

O trunfo de Dilma Rousseff e a loita antimperialista suramericana

Dilma Rousseff, converteuse este domingo na primeira muller electa presidenta dese país en 121 anos de República, ao vencer na segunda volta das eleccións co 56 por cento dos votos ao candidato da dereita (Partido da Socialdemocracia), José Serra. Esta muller, que nos anos 70 foi detida e torturada pola súa participación activa en movementos de resistencia en contra da ditadura, fora proclamada candidata presidencial polo IV Congreso do Partido dos Traballadores  o 20 de febreiro de 2010.

A nova mandataria electa, a cal recibirá de mans do seu antecesor, Luiz Inácio Lula Dá Silva, a banda presidencial o 1 de xaneiro do vindeiro ano, é unha economista que, tras longos anos de actividade constante no movemento estudantil e militancia radical, dedicouse  profesionalmente no sector eléctrico, e traballou tempo despois, cóbado con cóbado, con Lula no anterior goberno brasileiro.

O conxunto das forzas populares do Brasil, que  mantiveron nesta segunda volta o compromiso de defender a loita da clase traballadora e da construción dun país democrático, socialmente xusto e soberano, tiñan un obxectivo común: derrotar á candidatura de Serra, porque representa ás forzas dereitistas do país.  Apoiaron, dese xeito,  a candidatura de Dilma Rousseff, pero manterán a autonomía de loita independente do goberno da  presidenta electa.

Estes movementos consideran moderada a esta muller ex- guerrilleira maoísta e saben que non abrirá a porta a ningún cambio estrutural de grandes consecuencias no país, pero recoñecen que o  trunfo é un éxito  da clase traballadora brasileira e axudará a reforzar á  Unasur como outras tendencias integracionistas suramericanas e  a loita antimperialista dos gobernos de esquerdas do sur do continente americano.