Foise Néstor Kirchner, un baluarte da democracia.
Posted in Mundo on 10/28/2010 08:05 p.m. by Xosé AntónCo falecemento do ex mandatario arxentino, Néstor Kirchner, foise uns dos baluartes do movemento democrático do mundo cando, como dicía Hugo Chávez, aínda tiña moito que dar.
Parafraseando a Chávez, Kirchner foi un creador da paz verdadeira, pois a paz sen xustiza social non é paz.
Só hai que lembrar como loitou Néstor polo seu pobo e como o sacou da profunda miseria ao país suramericano. Situación na que se atopaba por culpa de que a maioría das empresas arxentinas estaban privatizadas e a maioría social estaban en abandono cando chegou ao poder.
O mesmo abandono e miseria social (por culpa das terribles políticas ultraliberais e ultraconservadoras que está aplicando o PP na Galiza) que se atopará un próximo goberno nacionalista e de esquerdas galego cando acceda de novo ao goberno nacional, aínda que non sei se significa acceso ao poder.
O esforzo na Galiza será tremendo, do mesmo xeito que Néstor Kirchner sacou da miseria á sociedade arxentina:cun esforzo incomparable.
Kirchner faleceu na mañá do mércores pasado, logo de ser internado de urxencia no Hospital Formenti.
A presidenta do país, Cristina Fernández de Kirchner, acompañouno até os últimos momentos.