Archive for Outubro, 2010

Foise Néstor Kirchner, un baluarte da democracia.

Co falecemento do ex mandatario arxentino, Néstor Kirchner, foise uns dos baluartes do movemento democrático do mundo cando, como dicía Hugo Chávez, aínda tiña moito que dar.

Parafraseando a Chávez, Kirchner foi un creador da paz verdadeira, pois a paz sen xustiza social non é paz.

 Só hai que lembrar como loitou Néstor polo seu pobo e como o sacou da profunda miseria ao país suramericano. Situación na que se atopaba  por culpa de que a maioría das empresas arxentinas estaban privatizadas e a maioría social estaban en abandono cando chegou ao poder.

O mesmo abandono e miseria social (por culpa das terribles políticas ultraliberais e ultraconservadoras que está aplicando o PP na Galiza) que se atopará un próximo goberno nacionalista e de esquerdas galego cando acceda de novo ao goberno nacional, aínda que non sei se significa acceso ao poder.

O esforzo na Galiza será tremendo, do mesmo xeito que Néstor Kirchner sacou da miseria á sociedade arxentina:cun esforzo incomparable.

Kirchner faleceu na mañá do mércores pasado, logo de ser internado de urxencia no Hospital Formenti.
A presidenta do país, Cristina Fernández de Kirchner, acompañouno até os últimos momentos.

 

A orquestra que soa con «declaracións forzosas»

Os medios de información masiva saturaron as páxinas das “declaracións” duns presuntos etarras nas que afirmaban recibir adestramento en territorio venezolano por parte de José Arturo Cubillas Fontán. Esta persoa, que  ten na actualidade  nacionalidade venezolana, é acusada de colaborar con ETA e de participar en actos irregulares cometidos pola Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC). Diante destas acusacións, Cubillas solicitou á Fiscalía Xeral de Venezuela que investiguen a súa suposta vinculación con ETA. Hoxe mesmo oMinisterio Público  designou un fiscal para investigar o  caso.

As “afirmacións” dos presuntos etarras foron utilizadas para xerar matrices de opinión internacional en contra do goberno bolivariano de Venezuela. O Presidente venezolano, Hugo Chávez,  recalcou que esas denuncias forman parte de “toda esta orquestra que continuará soando contra a Revolución Bolivariana». O obxectivo deses altofalantes  semella bastante claro: desprestixiar aos gobernos de esquerdas de América do Sur.

Por outra parte, o avogado defensor dos presuntos etarras Javier Atristain Gorosabel e Juan Carlos Besance Zugasti, afirmou este pasado  luns a teleSUR que as declaracións foron tomadas baixo métodos de tortura e polo tanto, non deberían ter validez legal. Read the rest of this entry »

 

O Imperio, e as súas axencias, detrás do golpe militar en Ecuador?

Certos sectores moi poderosos e con moito apoio mediático pretenden iniciar un debate para sementar dúbidas sobre

CIA

 se o que se produciu en Ecuador foi un golpe de estado ou non, cando son ben coñecidos os seus diversos modus operandi, procesos habituais na historia dos diversos “patios traseiros” do mundo, que é un guión similar ao que aconteceu hai uns días no país suramericano:

levantamento militar con apoio civil financiado por sectores moi poderosos da oligarquía, rebelión “civil” con apoio -ou polo menos indiferenza- militar, toma dos edificios estratéxicos da capital, cerco do palacio presidencial, «invitación» ao mandatario de quenda a deixar o país (Lembrádevos do recente caso de Honduras, alí saíulle ben ao Imperio).

O presidente Rafael Correa e a maioría social de Ecuador non ten dúbidas en denominar o que comezou como unha protesta policial como unha conspiración. «O que ocorreu foi unha sublevación moi grave. Non foi por soldos», clarificou Correa. Tan claro como as voces rexistradas na Central de Radiopatrullas de Quito chamando ao magnicidio do presidente Correa.

Agora xa están dando respostas claras ao acontecido o 30 de setembro:

O ex director da misión especial para Venezuela e Cuba da Dirección Nacional de Intelixencia de Estados Unidos, Norman Bailey, liderou unha operación para desestabilizar ao goberno de Rafael Correa.

E as dereitistas e neoliberais canles de noticias, cos seus espectáculos mediáticos,  confirman, tentando  denigrar aos líderes políticos de esquerdas, o pouco afecto que lle teñen á democracia.

 

Agárdanse respostas ao intento de golpe militar contra o goberno de Rafael Correa.

Resumo de Venezolana de Televisión

Xa se está restablecendo a calma en Ecuador, país que nas últimas horas viviu momentos críticos para a súa democracia. Aos seus habitantes, quédanlle preguntas por resolver e, aos poucos, comezan a ter respostas do sucedido.

Todo se iniciou, supostamente, cun grupo de axentes descontentos por supostos recortes nos seus bonos. Cara á tarde dese mesmo día (xoves 30 de setembro), esa falsa coartada converteuse nunha rebelión golpista de case mil oficiais e simpatizantes dos partidos de oposición política de dereitas que  buscaban terminar coa administración do presidente Correa á forza, mobilizándose en varias zonas do país. Outros militares asaltaron o aeroporto de Quito e simpatizantes do líder opositor de dereitas, Lucio Gutiérrez, lideraron o asalto protagonizado por uns corenta cidadáns e policías contra as instalacións da cadea pública ECTV. Perseguían a desestabilización política de Ecuador e acabar co Estado de dereito. Read the rest of this entry »

 

Reflexión sobre os resultados electorais en Venezuela

Agora que remataron as eleccións lexislativas en Venezuela, e os efectos do veleno mediático se difuminan, toca  reflexionar sobre a realidade dos resultados electorais no país bolivariano.

 É ben certo que, como afirman o expertos, nos medios de (in)comunicación masiva españois imperaron dúas ideas:

1-. Chávez non gañou ( como se el se presentase  ás presidenciais en vez de ser unhas eleccións lexislativas nun sistema unicameral) e

2-. A oposición conseguiu un éxito.

Os titulares dos medios ( prensa, radios, televisións)  tanto os considerados relativamente progresistas até os da rancia dereita que informaron sobre as eleccións lexislativas venezolanas deron a entender que a oposición sacou máis votos que o partido no que milita o presidente Chávez (PSUV). Read the rest of this entry »