Archive for Setembro, 2010

Existe complicidade de EEUU no xenocidio no Congo?

Comentamos noutra ocasión que o Congo ten tanta riqueza que coa súa explotación debería nadar na abundancia, mais non é así. Desángrase por un conflito económico de gran alcance onde a existencia do coltán e as trasnacionais ten moito que ver, xa que o mundo occidental semella que non pode vivir sen ese preciado mineral. Diso pouco sabemos a través dos medios de (des)información xeral. Agora a crise de Ruanda podería pór ao descuberto o papel de EEUU no xenocidio no Congo.

Ese  artigo publicado en Rebelión, traducido de blackagendareport, achéganos que analistas de esquerdas estiveron informando durante anos de que os aliados de EEUU, Ruanda e Uganda, son os principais responsables da morte de, polo menos, seis millóns de congoleños. E que un informe filtrado das Nacións Unidas confirmou que os crimes de Ruanda no Congo poden elevarse ao nivel de xenocidio, posto que as forzas do Presidente Paul Kagame (aliado de Wáshington) asasinaron a anciáns, nenos e mulleres hutus mentres ocupaban e saqueaban as rexións orientais da República Democrática do Congo.

Presentación realizada por María Rei, presidenta de Quinta Feira A LARACHA.