Presos de conciencia ou mercenarios a conciencia?

Estados Unidos expresou a súa disposición a acoller aos chamados “presos políticos cubanos” liberados despois da  intervención diplomática  do goberno español e da Igrexa católica cubana.
A secretaria de Estado de Estados Unidos, Hillary Clinton, telefonou ao ministro de Relacións Exteriores español, Miguel Angel Moratinos -que tomou parte nas conversacións entre autoridades eclesiásticas e o goberno revolucionario cubano-, para agradecerlle os seus esforzos e ofrecer o apoio do seu país.
Clinton expresou a disposición de Estados Unidos a acoller a aqueles presos cubanos que sexan excarcerados grazas a esta mediación.
A maioría dos presos políticos que foran liberados previamente deixaron Cuba e marcháronse a vivir a Estados Unidos ou ao estado español.
Mais, estes disidentes políticos son realmente  presos de conciencia ou mercenarios a conciencia?

cubainformacion.tv

 

cubainformacion.tv
 

Deixa unha resposta