A ameaza sobre Irán
Publicado en Mundo o 09/08/2010 01:28 por Xosé AntónParafraseando o manifesto dos intelectuais antiimperialistas contra a barbarie, podemos observar como continúa a
desmedida agresión imperialista (con forte apoio mediático dos colonizados medios de incomunicación europeos) co obxectivo de consolidar, aínda máis e a calquera prezo, a hexemonía estadounidense, fortalecendo a Israel e debilitando aos países árabes e islámicos que puidesen representar certo contrapoder para o sionismo asasino.
Todos sabemos que Irán está no punto de mira dos invasores exércitos estadounidense e israelí, a pesar de que é un país que ten as súas actividades nucleares sempre vixiadas pola AIEA. Até están as súas cámaras dentro de todas as instalacións e acendidas as 24 horas, todo o ano.
Son os poderes mediáticos das cadeas sionistas, e os seus lacaios colonizados, quen estiveron vendendo ao mundo unha mala imaxe dese país. En cambio, o réxime sionista produce bombas atómicas, non permite as inspeccións da AIEA e tampouco é asinante do Tratado de Non Proliferación de Armas Nucleares. Moi pola contra é Irán, que si é asinante de todos eses tratados e en máis de 200 anos non atacou a ninguén.
Mentres, o réxime sionista israelí atacou aos países veciños, roubou os seus territorios, asasinou a civís inocentes e ameaza con usar as súas armas atómicas nunha calculada política de exterminio, pero isto nunca foi rexeitado polos EE.UU nin polos países da UE. Que curiosa hipocrisía!
Explica de xeito moi sinxelo a actual situación o Embaixador da República Islámica de Irán en Venezuela, Dr. Abdolreza Mesri. nesta entrevista