Archive for Agosto, 2010

Presos de conciencia ou mercenarios a conciencia?

Estados Unidos expresou a súa disposición a acoller aos chamados “presos políticos cubanos” liberados despois da  intervención diplomática  do goberno español e da Igrexa católica cubana.
A secretaria de Estado de Estados Unidos, Hillary Clinton, telefonou ao ministro de Relacións Exteriores español, Miguel Angel Moratinos -que tomou parte nas conversacións entre autoridades eclesiásticas e o goberno revolucionario cubano-, para agradecerlle os seus esforzos e ofrecer o apoio do seu país.
Clinton expresou a disposición de Estados Unidos a acoller a aqueles presos cubanos que sexan excarcerados grazas a esta mediación.
A maioría dos presos políticos que foran liberados previamente deixaron Cuba e marcháronse a vivir a Estados Unidos ou ao estado español.
Mais, estes disidentes políticos son realmente  presos de conciencia ou mercenarios a conciencia?

Read the rest of this entry »

 

Fidel Castro nunha entrevista con xornalistas venezolanos

O ex presidente cubano Fidel Castro concedeu na Habana unha entrevista a catro xornalistas venezolanos que se emitiu este pasado luns.

O líder cubano conversou cos xornalistas Vanessa Davis, Andrés Izarra, Walter Martínez e Mario Silva sobre varios temas, entre eles da posibilidade dunha guerra entre Estados Unidos e Irán, o perigo dun conflito nuclear ou o rol das grandes potencias.

 

A ameaza sobre Irán

Parafraseando o manifesto dos intelectuais antiimperialistas contra a barbarie, podemos observar como continúa a desmedida agresión imperialista (con forte apoio mediático dos colonizados medios de incomunicación europeos) co obxectivo de consolidar, aínda máis e a calquera prezo, a hexemonía estadounidense, fortalecendo a Israel e debilitando aos países árabes e islámicos que puidesen representar certo contrapoder para o sionismo asasino.

Todos sabemos que Irán está no punto de mira dos invasores exércitos estadounidense e israelí, a pesar de que  é un país que ten as súas actividades nucleares sempre vixiadas pola AIEA. Até están as súas cámaras dentro de todas as instalacións e acendidas as 24 horas, todo o ano.

Son os poderes mediáticos das cadeas sionistas, e os seus lacaios colonizados, quen estiveron vendendo ao mundo unha mala imaxe dese país. En cambio, o réxime sionista produce bombas atómicas, non permite as inspeccións da AIEA e tampouco é asinante do Tratado de Non Proliferación de Armas Nucleares. Moi pola contra é Irán, que si é asinante de todos eses tratados e en máis de 200 anos non atacou a ninguén.

Mentres, o réxime sionista israelí atacou aos países veciños, roubou os seus territorios, asasinou a civís inocentes e ameaza con usar as súas armas atómicas nunha calculada política de exterminio,  pero isto nunca foi rexeitado polos EE.UU nin polos países da UE. Que curiosa hipocrisía!

Explica de xeito moi sinxelo  a actual situación  o Embaixador da República Islámica de Irán en Venezuela, Dr. Abdolreza Mesri. nesta entrevista