Unha intervención ben reveladora da ideoloxía de Feijóo
Publicado en Galiza o 03/04/2010 00:57 por Xosé AntónDebe ser que acabo de chegar de vacacións, pero aínda non descubrín o eixo central do discurso de Feijóo neste vídeo subido en Terra e Tempo. Mais Ana Pontón Mondelo si que fixo un estudo da xestión política do actual goberno do PP, na Xunta de Galiza, visualizando as zonas moi pouco ocultas no discurso machista do (seica) presidente da Xunta de Galiza.
Coa ideoloxía que desprende a intervención pública, calquera pode entender porque o goberno conservador baixou de categoría as políticas de Igualdade e Benestar que o anterior bipartito puxo no primeiro plano da política galega.
A deputada do BNG, Ana Pontón, analiza a importancia que lle dá este conservador dirixente do PP á cuestión de xénero: a cousificación das mulleres, a visión sexista que reduce ás mulleres a un mero obxecto sexual.
08/08/2010 at 14:51
Ostia quedeime cas ghanas de escoitalo en inghles, ben seguro que lle peta que nin o Paco Vazquez…