Un vídeo dun ataque de militares estadounidenses contra periodistas en Iraq amosa o comportamento dos invasores imperialistas coa poboación civil.

En días  pasados puidemos ver a través da páxina da Cutareira un vídeo no que se amosa como as forzas de ocupación inglesas, que masacran á poboación civil, democratizan ” aos nenos en Iraq.

Hoxe subo un vídeo que amosa o asasinato dun grupo de iraquís, entre eles un fotógrafo e un axudante da axencia Reuters. O ataque realizouse desde un helicóptero militar dos invasores estadounidenses.

Isto ocorreu hai 3 anos, pero foi hoxe, luns, cando as imaxes se difundiron a través da organización Wikileaks, unha ONG que filtra documentos a través da súa web. Segundo Wikileaks, as imaxes foron entregadas por “fontes militares”.

O fotógrafo de Reuters Namir Noor-Eldeen e o seu condutor, Saeed Chmagh morreron nese ataque, xunto a outros civís, pero o exército estadounidense sempre dixo que responderan a un ataque «contra unha forza hostil». Os invasores dixeran que os xornalistas faleceran durante un enfrontamento dos seus helicópteros con tropas insurxentes. «Non hai dúbida de que as forzas da coalición estaban claramente no medio de operacións de combate contra unha forza hostil«, afirmara un portavoz militar do exército de EE.UU.

As imaxes expresan o horror que sufre a poboación dese país ou de calquera estado invadido polo exército imperialista estadounidense:

  Podes observar como seguen coa cámara do helicóptero ás persoas paseando pola rúa, despois ordénanlle a un soldado: «Avísame cando os teñas e dispara». Ao pouco son asasinados a tiros no medio do po que producen as balas rebotadas no chan. Máis tarde os militares fan o mesmo contra os ocupantes dun “monovolume” que se achega a recoller ao único sobrevivente, identificado no vídeo como o traballador de Reuters Saeed Chmagh.

Hoxe mesmo, publica Aporrea que, en Afganistán, as forzas liderizadas por Estados Unidos admitiron que mataron a dúas mulleres afgás embarazadas e a unha adolescente durante unha redada nocturna o 12 de febreiro.

Os investigadores afgáns dixéronlle ao xornal londinense The Times que os soldados das Forzas Especiais estadounidenses intentaron encubrir os asasinatos.

 

1 Comentario

  1. Haha, I truly liked your site, its in my bookmarks. I do believe my site you will similar to it too.

Deixa unha resposta