Ilustrativa comparación
Publicado en Mundo o 15/04/2010 23:46 por Xosé Antónilustración de Paco Arnau en Rebelión

A peor catástrofe sucedida en Haití nos dous últimos séculos, segundo o primeiro ministro hatiano, Jean-Max Bellerive, matou polo menos a 220.000 persoas e deixou a 300.000 persoas feridas e a 1,5 millóns sen fogar.
Cando a axuda internacional comezou a chegar os medios de (in)comunicación ignoraron as importantes diferenzas na natureza da asistencia médica prestada polos distintos países. O primeiro en chegar á arrasada Haití foi un avión venezolano con axuda material, o seguinte, trinta minutos máis tarde, un avión cubano con axuda de emerxencia (os medios de (in)comunicación silenciaron esta información).
Emily J. Kirk y John M. Kirk, nun artigo publicado en Rebelión escriben sobre un dos segredos mellor gardados do mundo con respecto á axuda sanitaria que recibiu a poboación haitiana. Sirva esta comparativa como exemplo:
| Cifras comparativas do aporte sanitario en Haití a 23 de marzo de 2010 | |||
| MSF | Canadá | Estados Unidos | Cuba |
| Nº de profesionais | |||
| 3.408 | 45 | 550 | 1.504 |
| Nº de doentes tratados | |||
| 54.000 | 21.000 | 871 | 227.143 |
| Nº de operacións cirúrxicas realizadas | |||
| 3.700 | 0 | 843 | 6.499 |