Archive for Abril, 2010

Ilustrativa comparación

 ilustración de Paco Arnau en Rebelión

A peor catástrofe sucedida en Haití nos dous últimos séculos, segundo o primeiro ministro hatiano, Jean-Max Bellerive, matou polo menos a 220.000 persoas e deixou a 300.000 persoas feridas e a 1,5 millóns sen fogar.

Cando a axuda internacional comezou a chegar os medios de (in)comunicación ignoraron as importantes diferenzas na natureza da asistencia médica prestada polos distintos países. O primeiro en chegar á arrasada Haití foi un avión venezolano con axuda material, o seguinte, trinta minutos máis tarde, un avión cubano con axuda de emerxencia (os medios de (in)comunicación silenciaron esta información).

 Emily J. Kirk y John M. Kirk, nun artigo publicado en Rebelión escriben sobre un dos segredos mellor gardados do mundo con respecto á axuda sanitaria que recibiu a poboación haitiana. Sirva esta comparativa como exemplo:

Cifras comparativas do aporte sanitario en Haití a 23 de marzo de 2010  
MSF Canadá Estados Unidos  Cuba
                                                           Nº de profesionais
3.408 45 550  1.504
                                                          Nº de doentes tratados
54.000 21.000 871  227.143
                                        Nº de operacións cirúrxicas realizadas
3.700 0 843  6.499
 

Un vídeo dun ataque de militares estadounidenses contra periodistas en Iraq amosa o comportamento dos invasores imperialistas coa poboación civil.

En días  pasados puidemos ver a través da páxina da Cutareira un vídeo no que se amosa como as forzas de ocupación inglesas, que masacran á poboación civil, democratizan ” aos nenos en Iraq.

Hoxe subo un vídeo que amosa o asasinato dun grupo de iraquís, entre eles un fotógrafo e un axudante da axencia Reuters. O ataque realizouse desde un helicóptero militar dos invasores estadounidenses.

Isto ocorreu hai 3 anos, pero foi hoxe, luns, cando as imaxes se difundiron a través da organización Wikileaks, unha ONG que filtra documentos a través da súa web. Segundo Wikileaks, as imaxes foron entregadas por “fontes militares”.

O fotógrafo de Reuters Namir Noor-Eldeen e o seu condutor, Saeed Chmagh morreron nese ataque, xunto a outros civís, pero o exército estadounidense sempre dixo que responderan a un ataque “contra unha forza hostil”. Os invasores dixeran que os xornalistas faleceran durante un enfrontamento dos seus helicópteros con tropas insurxentes. “Non hai dúbida de que as forzas da coalición estaban claramente no medio de operacións de combate contra unha forza hostil“, afirmara un portavoz militar do exército de EE.UU.

As imaxes expresan o horror que sufre a poboación dese país ou de calquera estado invadido polo exército imperialista estadounidense:

  Podes observar como seguen coa cámara do helicóptero ás persoas paseando pola rúa, despois ordénanlle a un soldado: “Avísame cando os teñas e dispara”. Ao pouco son asasinados a tiros no medio do po que producen as balas rebotadas no chan. Máis tarde os militares fan o mesmo contra os ocupantes dun “monovolume” que se achega a recoller ao único sobrevivente, identificado no vídeo como o traballador de Reuters Saeed Chmagh. Read the rest of this entry »

 

Unha intervención ben reveladora da ideoloxía de Feijóo

Debe ser que acabo de chegar de vacacións, pero aínda non descubrín o eixo central do discurso de Feijóo neste vídeo subido en Terra e Tempo. Mais Ana Pontón Mondelo si que fixo un  estudo da xestión política do actual goberno do PP,  na Xunta de Galiza, visualizando as zonas moi pouco ocultas no discurso machista do (seica) presidente da Xunta de Galiza.

Coa ideoloxía que desprende a intervención pública, calquera pode entender porque o goberno conservador baixou de categoría as políticas de Igualdade e Benestar que o anterior bipartito puxo no primeiro plano da política galega.

A deputada do BNG, Ana Pontón, analiza a importancia que lle dá este  conservador dirixente do PP á cuestión de xénero: a cousificación das mulleres, a visión sexista que reduce ás mulleres a un mero obxecto sexual.