voltamos o xoves de novo
Publicado en A Costa da Morte o 10/03/2010 01:26 por Xosé AntónO xoves 11 de arzo actualizo o blogue (por fin!) co resumo de dous actos. O primeiro, da comarca de Bergantiños do luns 8 de
marzo, con motivo do día internacional das mulleres traballadoras realizado na aula de cultura de Caixa Galicia dA Laracha).
Subirei o vídeo e as imaxes do acto no que as compañeiras do BNG nos expresaron que debemos asumir, todos os días do ano, como nacionalistas o herdo de Rosalía e traballar sen descanso por conquistarmos a igualdade real de oportunidades entre homes e mulleres. Rosalía, patriota galega defensora dos dereitos das mulleres, expresou moi ben a existencia da nosa identidade nacional.
Nunha das intervencións fíxose un percorrido polas reaccionarias políticas executadas polo PP na Xunta Galiza, que provocaron, entre outros efectos negativos para a poboación, o incremento de persoas en paro, a maioría delas mulleres.
Tamén se falou da campaña de privatización dos servizos de benestar por parte dos políticos da dereita, política que vai contra as mulleres. Nese día, o PP optou por disfrazarse, reproducindo os peores estereotipos de xénero. Unha burla ás mulleres, á loita feminista. Mais, un exemplo evidente témolo no conservador goberno municipal da Laracha, onde para unha tarefa de responsabilidade similar, os concelleiros cobran un 40% máis que as súas compañeira con adicación exclusiva ao cargo.
O segundo resumo, unha das manifestacións convocadas pola CIG para mañá mércores 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega; a da Coruña, na Palloza ás oito da tarde, que me queda máis perto.
Por hoxe deixámolo aquí, xa que a Mesa do Parlamento acordou, na súa reunión deste pasado luns á tarde, por maioría rexeitar a admisión a trámite da Iniciativa Lexislativa Popular sobre os usos públicos do galego nos ámbitos das administracións públicas e o ensino que a plataforma Queremos Galego veu promovendo nos últimos meses. Mais non conseguirán os ultras do PP ter silenciado a Queremos Galego, por moito terror que o Partido Popular teña a debater no Parlamento sobre os dereitos lingüísticos das galegas e galegos.