Queremos galego: Onte en San Caetano e mañá luns nas comarcas do País na defensa do noso idioma
Publicado en Galiza o 14/03/2010 23:31 por Xosé AntónImaxes da concentración en San Caetano
Arredor de 2.000 persoas, convocadas por Queremos Galego, estivemos o sábado, 13 de marzo, ás portas da sede
central da Xunta, en San Caetano, para amosar o noso rexeitamento á imposición do decreto anti – galego do PP. Un PP que mantén a brigada de demolición no goberno en posicións frontais de asalto.
Como sinalou o voceiro da plataforma, Carlos Callón, con este decreto seremos a única comunidade autónoma do Estado, con lingua propia diferente do castelán, na que se poñan topes para a presenza do idioma propio, se impida a súa presenza en determinadas materias e se posibilite que haxa nenas e nenos que non o escoiten na escola até cumprir os seis anos.
Mais, Carlos Callón asegurou que a presentación do decreto non sinala o fin das mobilizacións e asegurou que Queremos Galego organizará mañá, luns 15 de marzo, concentracións en todas as comarcas de Galiza para rexeitar a imposición do decreto. A da nosa comarca, Bergantiños – A Costa da Morte, será ás 20:00 h. na Praza do Concello de Carballo.
Outras localidades nas que haberá concentracións contra o decretazo que pretende acabar co galego: Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, Lugo, Pontevedra, Ferrol, Vilagarcía de Arousa, Noia, Foz, Carballo, A Estrada. Á dA Pobra do Caramiñal será ás 20h30´.