Imaxes e vídeos do día internacional das mulleres celebrado na Laracha
Publicado en A Costa da Morte o 12/03/2010 00:09 por Xosé AntónSubo hoxe ao blogue o acto comarcal do BNG (presentación, 3 vídeos e varias imaxes) con motivo do día internacional das mulleres, no que as compañeiras do BNG nos expresaron que debemos asumir, todos os días do ano, como nacionalistas o herdo de Rosalía e traballar sen descanso por conquistarmos a igualdade real de oportunidades entre homes e mulleres. Rosalía, patriota galega defensora dos dereitos das mulleres, expresou moi ben a existencia da nosa identidade nacional.
Parte 1: Presentación do acto por parte de María Rei (Responsábel de Muller e Ensino do BNG da Laracha). Laura Mariño (Responsábel de Galiza Nova da comarca de Bergantiños) fai unha lembranza de Rosalía de Castro, patriota galega defensora dos dereitos das mulleres, quen expresou moi ben a existencia da nosa identidade nacional.
Parte 2: Continuación do Manifesto por parte de Laura Mariño e poesías a cargo de Laura e Irene Medín (Responsábel de Galiza Nova na Laracha). Intervención de Mónica Castro (concelleira do BNG da Laracha) sobre a realidade dos servizos sociais nesta etapa conservadora.
Parte 3: Intervención de Nieves Suárez (Responsábel comarcal da Área da Muller) facendo lectura do Manifesto do BNG. Presentación «Traballadoras» en homenaxe á loita das mulleres galegas (María Rei)