E son estes os que gobernan Galiza?
Publicado en Galiza o 02/03/2010 02:07 por Xosé AntónUn ano despois de que o PP se fixese co goberno do noso País, o desemprego aumentou na Galiza un 15% e as políticas con marca conservadora camiñan en sentido contrario a paliar a crise económica ao financiar a deslocalización das empresas galegas. Noutros casos adxudican contratos ás empresas nas que traballaron ou mercan, de xeito insensato, máis de 400 vehículos en dez meses de lexislatura. Será para controlarlle as dietas aos parlamentarios ppopulares? Da situación económica e doutros temas da actualidade galega falou con clareza o Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, nunha áxil entrevista na TVG.
Publica ANT, que o conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, continúa a adxudicar contratos á unha construtora da que foi directivo. Sercoysa é empresa na que traballou Hernández tras ser director xeral de obras públicas con Feijóo e Fraga e antes de incorporarse á Deputación de Pontevedra de Rafael Louzán. A Xunta do PP leva adxudicados a esa construtora máis de 2,3 millóns en menos dun ano. Afirman no xornal dixital que os cinco contratos foron concedidos por departamentos que dependen do propio Hernández.
Pero hai máis casos da actitude negativa do goberno conservador, eses que gobernan Galiza? Aquí aparecen varios exemplos expostos polo camarada Cotelo: