A indigna actitude de Núñez Feijóo con Castelao, pai e guieiro dos galegos.
Publicado en Galiza o 16/03/2010 20:57 por Xosé AntónO conservador e acomplexado xefe da xeración tucsim no goberno da Xunta de Galiza, Feijóo, que presumiu do
galeguismo do século XXI no antigalego “Decreto do Plurilingüismo”, afirma que o galeguismo non pode ser unha «estatua de sal» e que debe adaptarse aos novos tempos. Ou sexa, o galeguismo moderno, atendendo á actitude dos dirixentes do PP, debe atacar continuamente ao idioma galego, participar no exterminio da nosa Cultura e alimentar o auto-odio na sociedade galega para que continúe subordinada ao ditado do centralismo ultraconservador que puxo a Feijóo en San Caetano.
Será por iso que Núñez Feijóo, en calidade de presidente da Xunta de Galiza, ao final do seu primeiro discurso do Debate do Estado de Autonomía leu o inicio de ‘Alba de Gloria’ de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en español.
Non é de estrañar o xeito de actuar do máximo responsábel do PP na Galiza, as políticas antigalegas que están desenvolvendo amosan o que son. Xa o réxime franquista dera ordes de minimizar a noticia do falecemento de Castelao e de cualificar de errada a súa ideoloxía política:
«Habiendo fallecido en Buenos Aires el político republicano y separatista gallego Alfonso Rodríguez Castelao, se advierte lo siguiente: la noticia de su muerte se dará en páginas interiores a una columna. Caso de insertar fotografía, esta no deberá ser de ningún acto político. Se elogiarán únicamente del fallecido sus características de humorista, caricaturista y literato. Se podrá destacar su personalidad política siempre y cuando se mencione que aquella fue errada, y que se espera de la misericordia de Dios el perdón de sus pecados. De su actividad literaria y artística no se hará mención alguna del libro Siempre en Galicia ni de los álbumes de dibujos de la Guerra Civil…»
Explícao moi ben Bieito Lobeira en Terra e Tempo:
Un Presidente “galego” reconvertido en asasino do legado e da obra de Castelao 60 anos após a súa morte. E todo isto, seica, no nome da liberdade e do galeguismo. Nobres e fermosos conceitos prostituidos por quen ten a obriga legal de defendelos. É o propio Castelao quen se revela e quen lle responde a este hipócrita, acomplexado, desprezábel e indigno Presidente:
Eu non cultivei endexamais a arte pola arte. A arte para min non foi máis que un elemento, un recurso, un meio de expresión. Co lapis ou a pluma só quixen ser intérprete fiel do meu povo, das súas dores e das súa esperanzas. Debuxei sempre en galego; escribín sempre en galego; e se tirades o que hai de galego e de humano na miña obra non ficaría nada dela.