A hipocrisía occidental contra Cuba e Venezuela
Posted in Mundo on 03/17/2010 02:47 a.m. by Xosé AntónVou escribir durante uns días sobre unha situación da que hai tempo quería falar.
Cando se desenvolvía o cumio de Copenhague, Fidel Castro indicou que «Naquel lugar librábase neses momentos a batalla política máis importante da historia humana».
Houbo iniciativas por parte de países con gobernos de esquerdas para chegar a consensos, mais non foi posíbel. Unhas iniciativas que tempo despois foron silenciados polos mercenarios da (in)comunicación. Estes deturparon a realidade cando os EE.UU. fixeron o posíbel para impedir acordos necesarios que evitasen a destrución do medio ambiente e a aceleración do cambio climático . É outro exemplo mais de cómo a demente ofensiva pola hexemonía de EE.UU. ameaza a vida na terra, mentres o espazo da verdade é invadido e bombardeado pola expansión da mentira, do mesmo xeito que o famoso computador incautado ao guerrilleiro asasinado, Raúl Reyes.
A ese computador sácanlle e meten información a conveniencia –seica funciona! bombardeado e todo polo exército colombiano -, sobre todo para beneficio político do goberno ultraconservador de Colombia capitaneado por Uribe. Neste país é onde os EE.UU acaban de inaugurar sete bases militares que ameazan ao Caribe e a toda Suramérica.
De Colombia sae a «información» que o Xuíz Velasco usa na famosa causa legal que involucra a Cuba e a Venezuela coas Farc e ETA.
Como din en Venezuela, se o xuíz Velasco fose serio, non se poría a filtrar á prensa unha causa legal que queda xa contaminada.
Alí consideran curioso que o señor Velasco, o seu partido PP, Rajoy e Aznar, sempre que hai eleccións ou vésperas de eleccións en Venezuela aparecen con «algo» en contra do goberno bolivariano de Venezuela. Read the rest of this entry »