Archive for Marzo 16th, 2010

A indigna actitude de Núñez Feijóo con Castelao, pai e guieiro dos galegos.

O conservador e acomplexado xefe da xeración tucsim no goberno da Xunta de Galiza, Feijóo, que  presumiu do galeguismo do século XXI no antigalego “Decreto do Plurilingüismo”,  afirma que o galeguismo non pode ser unha «estatua de sal» e que debe adaptarse aos novos tempos. Ou sexa,  o galeguismo moderno, atendendo á actitude dos dirixentes do PP, debe atacar continuamente ao idioma  galego, participar no exterminio da nosa Cultura e alimentar o auto-odio na sociedade galega para que continúe subordinada ao ditado do centralismo ultraconservador que puxo a Feijóo en San Caetano.

Será por iso que Núñez Feijóo, en calidade de presidente da Xunta de Galiza,  ao final do seu primeiro discurso do Debate do Estado de Autonomía leu o inicio de ‘Alba de Gloria’ de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en español.

Non é de estrañar o xeito de actuar do máximo responsábel do PP na Galiza, as políticas antigalegas que están desenvolvendo amosan o que son. Xa o réxime franquista dera ordes de minimizar a noticia do falecemento  de Castelao e de cualificar de errada a súa ideoloxía política: Read the rest of this entry »

 

Imaxes da concentración de Queremos Galego en Bergantiños

Imaxes da concentración diante do edificio administrativo do concello de Carballo

Artur Trillo e Silvana Castro,  portavoz  e  coordinadora da plataforma Queremos Galego na comarca, explicaron, diante das persoas  da comarca de Bergantiños concentradas na praza do concello de Carballo, os motivos do rexeitamento á imposición do decretazo antigalego presentado polo goberno de Alberto Núñez Feijóo.

Ao final da lectura do manifesto reclamaron a retirada do decretazo.

A razóns son as seguintes: 

1- Porque non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en galego. 

2- Porque as nenas e os nenos das cidades e principais vilas non terán ningún contacto co galego até cumpriren os seis anos. Toda a escolarización en educación infantil será na chamada “lingua materna” maioritaria das familias. 

3- Porque é unha proposta feita de costas á sociedade galega. Non coñecemos outro goberno democrático do mundo que conte cun rexeitamento unánime a unha reforma educativa e que siga adiante a pesar de ter en fronte a todos os sindicatos, todas as asociacións estudantís e –excepto unha- todas as asociacións de nais e pais.  Read the rest of this entry »