Día da Clase Obreira Galega na sete cidades galegas. Imaxes da manifestación da Coruña
Posted in Galiza on 03/12/2010 02:34 a.m. by Xosé AntónImaxes da manifestación da Coruña 
Arredor de 20.000 persoas participamos nas manifestacións organizadas pola CIG (Confederación Intersindical Galega) no Día da Clase Obreira Galega, nas sete cidades de Galiza, baixo o lema «O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando”
Este pasado 10 de marzo as traballadoras e traballadores mobilizámosnos pola rúas galegas en defensa do emprego, dos salarios e das pensións, ameazados hoxe como consecuencia da crise económica e das políticas neoliberais que se están a promover desde os gobernos.
Na manifestación á que asistín, a da Coruña, o Responsábel Comarcal da CIG, Paulo Carril, denunciou que as deslocalizacións están a producir un forte incremento nos despedimentos. Púxose como exemplo o caso de SYKEs, cunhas 450 persoas para o paro, deixando reducida á mínima expresión o cadro de persoal desta empresa na cidade. Read the rest of this entry »