Archive for Marzo, 2010

A entrevista de Evo Morales en Dossier

Escoitar a Evo Morales sempre resulta enriquecedor. Convídote a ver esta interesante entrevista concedida ao programa Dossier, do xornalista Walter Martínez, transmitido por teleSUR, onde o presidente do Estado Plurinacional de Bolivia, Evo Morales, fala das vindeiras eleccións a celebrar o 4 de abril no seu país.

O xefe do estado boliviano  argumentou noutras ocasións que sen Estados Unidos e sen o Fondo Monetario Internacional (FMI) estase mellor en todos os aspectos, especialmente económicos. Comparando a situación económica do seu país, desde que asumiu o poder (en xaneiro de 2006) coas épocas anteriores dos gobernos neoliberais,  os datos danlle a razón. Hai que lembrar que desde a década do 40 até 2006, Bolivia arrastrou un déficit fiscal permanente, situación que cambiou ao final do seu primeiro ano de xestión, cun superávit histórico que se mantivo nos últimos catro anos.

Read the rest of this entry »

 

A hipocrisía occidental contra Cuba e Venezuela

Vou escribir durante uns días sobre unha situación da que hai tempo quería falar.

Cando se desenvolvía o cumio de Copenhague, Fidel Castro indicou que «Naquel lugar librábase neses momentos a batalla política máis importante da historia humana».

 Houbo iniciativas por parte de países con gobernos de esquerdas para chegar a consensos, mais non foi posíbel. Unhas iniciativas que tempo despois foron silenciados polos mercenarios da (in)comunicación. Estes deturparon a realidade cando os EE.UU. fixeron o posíbel para impedir acordos necesarios que evitasen a destrución do medio ambiente e a aceleración do cambio climático . É outro exemplo mais de cómo a  demente ofensiva pola hexemonía de EE.UU. ameaza a vida na terra, mentres o espazo da verdade é invadido e bombardeado pola expansión da mentira, do mesmo xeito que o famoso computador incautado  ao guerrilleiro asasinado,  Raúl Reyes.

A ese computador  sácanlle e meten información   a conveniencia –seica funciona! bombardeado  e todo polo exército colombiano -, sobre todo para beneficio político do goberno ultraconservador de Colombia capitaneado por Uribe.  Neste país  é onde os EE.UU acaban de inaugurar sete bases militares que ameazan ao Caribe e a toda Suramérica.

De Colombia sae a «información» que o Xuíz Velasco usa na famosa causa legal que involucra a Cuba e a Venezuela coas Farc e ETA.

Como din en Venezuela, se o xuíz Velasco fose serio, non se poría a filtrar á prensa unha causa legal que queda xa contaminada.

Alí consideran curioso que o señor Velasco, o seu partido  PP, Rajoy e Aznar, sempre que hai eleccións ou vésperas de eleccións en Venezuela aparecen con «algo» en contra do goberno bolivariano de Venezuela. Read the rest of this entry »

 

A indigna actitude de Núñez Feijóo con Castelao, pai e guieiro dos galegos.

O conservador e acomplexado xefe da xeración tucsim no goberno da Xunta de Galiza, Feijóo, que  presumiu do galeguismo do século XXI no antigalego “Decreto do Plurilingüismo”,  afirma que o galeguismo non pode ser unha «estatua de sal» e que debe adaptarse aos novos tempos. Ou sexa,  o galeguismo moderno, atendendo á actitude dos dirixentes do PP, debe atacar continuamente ao idioma  galego, participar no exterminio da nosa Cultura e alimentar o auto-odio na sociedade galega para que continúe subordinada ao ditado do centralismo ultraconservador que puxo a Feijóo en San Caetano.

Será por iso que Núñez Feijóo, en calidade de presidente da Xunta de Galiza,  ao final do seu primeiro discurso do Debate do Estado de Autonomía leu o inicio de ‘Alba de Gloria’ de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en español.

Non é de estrañar o xeito de actuar do máximo responsábel do PP na Galiza, as políticas antigalegas que están desenvolvendo amosan o que son. Xa o réxime franquista dera ordes de minimizar a noticia do falecemento  de Castelao e de cualificar de errada a súa ideoloxía política: Read the rest of this entry »

 

Imaxes da concentración de Queremos Galego en Bergantiños

Imaxes da concentración diante do edificio administrativo do concello de Carballo

Artur Trillo e Silvana Castro,  portavoz  e  coordinadora da plataforma Queremos Galego na comarca, explicaron, diante das persoas  da comarca de Bergantiños concentradas na praza do concello de Carballo, os motivos do rexeitamento á imposición do decretazo antigalego presentado polo goberno de Alberto Núñez Feijóo.

Ao final da lectura do manifesto reclamaron a retirada do decretazo.

A razóns son as seguintes: 

1- Porque non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en galego. 

2- Porque as nenas e os nenos das cidades e principais vilas non terán ningún contacto co galego até cumpriren os seis anos. Toda a escolarización en educación infantil será na chamada “lingua materna” maioritaria das familias. 

3- Porque é unha proposta feita de costas á sociedade galega. Non coñecemos outro goberno democrático do mundo que conte cun rexeitamento unánime a unha reforma educativa e que siga adiante a pesar de ter en fronte a todos os sindicatos, todas as asociacións estudantís e –excepto unha- todas as asociacións de nais e pais.  Read the rest of this entry »

 

Queremos galego: Onte en San Caetano e mañá luns nas comarcas do País na defensa do noso idioma

Imaxes da concentración en San Caetano

Arredor de 2.000 persoas, convocadas por Queremos Galego,  estivemos o sábado, 13 de marzo, ás portas da sede central da Xunta,  en San Caetano,  para amosar o noso rexeitamento á imposición do decreto anti – galego do PP. Un PP que mantén a brigada de demolición no goberno en posicións frontais de asalto.

Como sinalou o voceiro da plataforma, Carlos Callón, con  este decreto seremos a única comunidade autónoma do Estado, con lingua propia diferente do castelán,  na que se poñan topes para a presenza do idioma propio, se impida a súa presenza en determinadas materias e se posibilite que haxa nenas e nenos que non o escoiten na escola até cumprir os seis anos.

Mais, Carlos Callón asegurou que a presentación do decreto non sinala o fin das mobilizacións e asegurou que Queremos Galego organizará mañá,  luns 15 de marzo,  concentracións en todas as comarcas de Galiza para rexeitar a imposición do decreto. A da nosa  comarca, Bergantiños – A Costa da Morte,  será ás 20:00 h. na Praza do Concello de Carballo.

Outras localidades nas que haberá concentracións contra o decretazo que pretende acabar co galego: Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, Lugo, Pontevedra, Ferrol, Vilagarcía de Arousa, Noia, Foz, Carballo,  A Estrada. Á dA Pobra do Caramiñal será ás 20h30´.