terraetempo.com

Axiña vai comezar a edición en liña do Terra e Tempo. O dixital aparecerá coa lenda «dixital galego de pensamento nacionalista» e -segundo os seus promotores- pretende achegar análises sobre a realidade actual desde unha perspectiva nacionalista. O dixital estará actualizado diariamente, os 7 días da semana, en canto a artigos de opinión, e cunha actualización máis espazada no tempo no que se refire aos apartados de videoteca, imaxes e descarga de documentos. O proxecto conta cun amplo grupo  de colaboradoras e colaboradores da Nación Galega.

 

Deixa unha resposta