Archive for Febreiro, 2010

A resolución no «pleno – espectáculo» da eurocámara contra Venezuela amosa a escalada agresiva do imperialismo contra América do Sur e o Caribe

O pleno- espectáculo do Parlamento Europeo aprobou onte, quintafeira, unha resolución non vinculante na que amosan a súa «fonda preocupación» pola  “deriva autoritaria» que a maioría dos eurodeputados da dereita (en todas as súas formas políticas) consideran que emprendeu o presidente, Hugo Chávez. Nesa iniciativa conservadora instaron a restituír as licenzas dos medios que o goberno da República Bolivariana de Venezuela inhabilitou o pasado mes de xaneiro por estar fóra da normativa aprobada por Conatel. Trátase da cuarta vez que se pronuncia a Eurocámara para condenar as “violacións das liberdades fundamentais”  en Venezuela.

O embaixador venezolano en Bruxelas, Antonio García, afirmou que se o Parlamento Europeo tivese unha «verdadeira preocupación» polas supostas violacións dos dereitos humanos en Venezuela «votaría polo menos a metade dos preto de 600 eurodiputados» que participaron no proceso.

Nunha entrevista para a axencia cubana Prensa Latina, o diplomático cualificou a votación como «unha groseira manipulación para converter o tema administrativo da emisora RCTV Internacional nun caso   político, cando precisamente o luns RCTV Internacional presentou a documentación esixida pola administración …Venezuela repudia que a dereita e a extrema dereita utilicen o procedemento do voto de urxencia contra a orde constitucional e a democracia en Venezuela». Read the rest of this entry »

 

No camiño dun silencioso e paulatino apartheid cultural e económico?

O BNG explicou con clareza suficiente que, desde Madrid, pretenden que  Galiza claudique e renuncie a ter unha gran caixa galega. Afirmou, en múltiples ocasións, que a Lei Galega de Caixas de Aforros é unha iniciativa parlamentar do BNG coa pretensión  de democratizar as mesmas e que estean ao servizo da economía galega, ao servizo do noso País. 

Mentres, servís seguidores PSOE na Galiza, organizan unha manifestación (non  representativa da vontade maioritaria da sociedade viguesa) para apoiar o comportamento discriminatorio do goberno e doutras forzas políticas estatais para impedir que o noso País conte cunha caixa ao servizo de Galiza que potencie o desenvolvemento da economía produtiva do País

O Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, nunha entrevista radiofónica na Ser en Madrid lembrou que a sinatura do manifesto “Galiza ten dereito” en defensa da Lei de Caixas, subscrito polo BNG e todos os sindicatos, CIG, CC.OO., UXT, PP e a patronal,  representa á inmensa maioría social galega que saben que, se non  temos esa caixa galega, provocarase o espolio do aforro galego, xa que  teremos unha sucursal doutras caixas foráneas fusionadas, cun centro de decisión fóra de Galiza.

Así, os 80.000 millóns de euros en activos desaparecerían de Galiza e pasarían a  seren controlados por centros de decisión con sede en Madrid. Read the rest of this entry »

 

A ILP procura parar o apartheidtazo lingüístico do PP

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, despois de  presentar no rexistro do

Plenario da plataforma Queremos Galego na que se debateu sobre a presentación da ILP

 Parlamento a ILP en defensa do noso idioma,   pediulle á cidadanía, mais especialmente  aos votantes do PP, aos defraudados coa política de galegofobia do goberno de Núñez Feijóo – o do odio contra a nosa cultura, o do desmantelamento da oficialidade da nosa lingua -  que apoien a Iniciativa Lexislativa Popular da plataforma Queremos Galego  co obxectivo básico de garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía do noso país. 

 Callón Callón, nas declaracións aos medios de comunicación, afirmou que a Iniciativa  non vai contra ninguén  senón que incide,  desde a base social,  na  defensa do conxunto da cidadanía e dos consensos  alcanzados  pola sociedade e os colectivos que a representan. O goberno ultra – conservador da Xunta de Galiza, como lembrou Callón, “debería estar á cabeza das políticas de defensa e promoción da lingua, pero…está impulsando o proceso de desmantelamento”.

É certo que esta iniciativa lexislativa non vai contra ninguén, mais  calquera  pode lembrar que outros, collidos da fúnebre man de Galicia Bilingüe, si tomaron a iniciativa de ir contra a nosa cultura e o idioma propio de Galiza. E que eses outros crearon o innecesario conflito co decretazo antigalego. E que do conflito extremo, creado desde o poder da dereita, pásase con facilidade – como obxectivo - ao exterminio cultural dun pobo. Read the rest of this entry »

 

Ucraína en eleccións: da revolución das cores a un coherente xiro político

Aproveito que hoxe abrirán os colexios electorais para celebrar a segunda volta dunha das máis interesantes

O líder do Partido das Rexións, Vítor Yanukóvich, e a actual primeira ministra Yulia Timoshenko

 eleccións presidenciais ucraínas (entre o líder do Partido das Rexións, Vítor Yanukóvich, e a actual primeira ministra Yulia Timoshenko) para subir un artigo (despois de recompilar suficiente información) sobre un posíbel xiro polítivo no país ex – soviético, como resultado das eleccións deste 7 de febreiro.

Tanto Yanukóvich como Timoshenko aproveitaron até o último día de traballo. Antonte, á tardiña, no centro de Kiev foi presentado na Praza de Mihailovsk un concerto de gala de apoio ao líder do Partido das Rexións, coa participación de famosos intérpretes ucraínos. Mentres que na praza veciña, de Santa Sofía, tivo lugar a actividade denominada “Pregaria por Ucraína”, coa participación de Timoshenko, e a presenza de prelados de igrexas cristiás.
En contra dos rumores que circulaban sobre as provocacións que se fraguaban, as actividades de fin de campaña transcorreron sen excesos. A pouco da medianoite, os candidatos á presidencia lanzaron un último chamado á cidadanía pola televisión. Cada un expresou a súa seguridade máis absoluta na vitoria, e esa mesma noite as cuadrillas municipais retiraron das rúas toda a propaganda electoral, entre panos, pancartas e outros para que os electores poidan, sen presións algunhas, reflexionar e determinar a súa opción.  

Lembremos que na primeira volta electoral, Yanukóvich acumulou o 35,32% dos votos, e Timoshenko, o 25,05%. E, aínda que ninguén se atreve a aventurar resultados, diversos comentaristas políticos falan desde  5,10 ou máis puntos de vantaxe de Yanukóvich, até un posible empate técnico entre ambos os dous contendentes. Esta última posibilidade complicaría a formación de goberno. Yanukóvich xa gañou outras eleccións, pero un acordo entre os partidos de Yulia Timoshenko e Vítor Yúschenko arrebatoulle a posibilidade de alcanzar o poder.

O actual presidente, Vítor Yúschenko, un dos dereitistas líderes da, financiada polo Imperio, revolución laranxa – xunto a Yulia Timoshenko – non conseguiu revalidar o mandato, ao obter menos do 6% dos votos na primeira rolda das eleccións presidenciais, o pasado 17 de xaneiro. Con Yuschenko, a débeda estatal chegou a 37.750 millóns de dólares a finais de 2009, ou un 60% maior que un ano antes.

Read the rest of this entry »

 

Os voitres occidentais á caza de África

A Guerra do Coltán

 presentación de A.C. Quinta Feira  A LARACHA.

Polo menos, sería desexable que o XIV cumio da Unión Africana (UA) que se inaugurou o domingo  en Adis Abeba (capital de Etiopía) para discutir o desenvolvemento das tecnoloxías da información e comunicacións (TIC) no continente, entre outros temas, fose tratado dignamente polos medios de comunicación. Os medios de comunicación occidentais non fan máis que reproducir prexuízos, estereotipos previamente construídos por motivos económicos, políticos e ideolóxicos. Esa imaxe non naceu hoxe, comezou hai séculos para lexitimar a trata de escravos. Read the rest of this entry »