Orgullos@s do noso, orgullos@s do Galego

Benvida, benvido. Este é un espazo onde queremos mostrar o orgullo que temos os galegos e as galegas pola nosa lingua. Sexa cal sexa a cor da nosa pel, onde naceramos, de quen veñamos sendo, ou se nos gusta máis a lúa ou o sol, somos moitos e moitas os que estamos orgullosos de termos unha lingua propia.
Así aparece na cabeceira da presentación do vídeo “Orgullos@s do noso, orgullos@s do Galego” da Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) .

Neste vídeo, persoas do mundo do cine, da música e do xornalismo apoian a campaña a prol do uso normal do galego como ligua propia do noso País, fronte as iniciativas de desmantelamento da oficialidade do noso idioma por parte da Xunta de Núñez Feijóo.
Esta coordinadora, que bota por fóra de alegría polo traballo feito, está formada por profesionais do ensino de centros públicos, privados e concertados que levan anos con iniciativas a prol do galego, unidas por un mesmo ideario lingüístico: o galego é a lingua propia de Galiza, tal e como aparece no Estatuto de autonomía Galego.
A ver se alguén do PP aprende a ler o que aparece redactado  sobre o idioma propio de Galiza no Estatuto!

Orgullos@s do galego da Coordinadora Galega ENDL

 

Deixa unha resposta