O PP prefire a deslocalización das empresas galegas
Publicado en Galiza o 24/02/2010 00:16 por Xosé AntónLembraba nun artigo anterior que o PP prometera que, ao chegar á Xunta de Galiza, poría fin á crise económica nos primeiros 45 días de goberno. Case un ano despois de facerse co goberno do noso País, o desemprego aumentou na Galiza un 15%, e pequenas e medianas empresas pechan todos os meses e/ ou presentan concursos de acredores para intentar saldar as súas débedas.
E cal é a actitude deste goberno antigalego coas empresas que realizan ERE sen xustificación? Pois esta Xunta concédelles créditos, dese xeito financian a deslocalización da produción e, por conseguinte, a destrución de emprego no noso país, ou »favorece» a empresas ligadas ao PP.
presentacións do camarada Xcotelo.