terraetempo.com
Posted in Galiza on 02/23/2010 12:55 a.m. by Xosé AntónAxiña vai comezar a edición en liña do Terra e Tempo. O dixital aparecerá coa lenda «dixital galego de pensamento nacionalista» e -segundo os seus promotores- pretende achegar análises sobre a realidade actual desde unha perspectiva nacionalista. O dixital estará actualizado diariamente, os 7 días da semana, en canto a artigos de opinión, e cunha actualización máis espazada no tempo no que se refire aos apartados de videoteca, imaxes e descarga de documentos. O proxecto conta cun amplo grupo de colaboradoras e colaboradores da Nación Galega.