A resolución no «pleno – espectáculo» da eurocámara contra Venezuela amosa a escalada agresiva do imperialismo contra América do Sur e o Caribe
Posted in Mundo on 02/12/2010 02:12 a.m. by Xosé AntónO pleno- espectáculo do Parlamento Europeo aprobou onte, quintafeira, unha resolución non vinculante na que amosan a
súa «fonda preocupación» pola “deriva autoritaria» que a maioría dos eurodeputados da dereita (en todas as súas formas políticas) consideran que emprendeu o presidente, Hugo Chávez. Nesa iniciativa conservadora instaron a restituír as licenzas dos medios que o goberno da República Bolivariana de Venezuela inhabilitou o pasado mes de xaneiro por estar fóra da normativa aprobada por Conatel. Trátase da cuarta vez que se pronuncia a Eurocámara para condenar as “violacións das liberdades fundamentais” en Venezuela.
O embaixador venezolano en Bruxelas, Antonio García, afirmou que se o Parlamento Europeo tivese unha «verdadeira preocupación» polas supostas violacións dos dereitos humanos en Venezuela «votaría polo menos a metade dos preto de 600 eurodiputados» que participaron no proceso.
Nunha entrevista para a axencia cubana Prensa Latina, o diplomático cualificou a votación como «unha groseira manipulación para converter o tema administrativo da emisora RCTV Internacional nun caso político, cando precisamente o luns RCTV Internacional presentou a documentación esixida pola administración …Venezuela repudia que a dereita e a extrema dereita utilicen o procedemento do voto de urxencia contra a orde constitucional e a democracia en Venezuela». Read the rest of this entry »