No camiño dun silencioso e paulatino apartheid cultural e económico?
Posted in Galiza on 02/11/2010 12:44 a.m. by Xosé AntónO BNG explicou con clareza suficiente que, desde Madrid, pretenden que Galiza claudique e renuncie a ter unha gran
caixa galega. Afirmou, en múltiples ocasións, que a Lei Galega de Caixas de Aforros é unha iniciativa parlamentar do BNG coa pretensión de democratizar as mesmas e que estean ao servizo da economía galega, ao servizo do noso País.
Mentres, servís seguidores PSOE na Galiza, organizan unha manifestación (non representativa da vontade maioritaria da sociedade viguesa) para apoiar o comportamento discriminatorio do goberno e doutras forzas políticas estatais para impedir que o noso País conte cunha caixa ao servizo de Galiza que potencie o desenvolvemento da economía produtiva do País
O Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, nunha entrevista radiofónica na Ser en Madrid lembrou que a sinatura do manifesto “Galiza ten dereito” en defensa da Lei de Caixas, subscrito polo BNG e todos os sindicatos, CIG, CC.OO., UXT, PP e a patronal, representa á inmensa maioría social galega que saben que, se non temos esa caixa galega, provocarase o espolio do aforro galego, xa que teremos unha sucursal doutras caixas foráneas fusionadas, cun centro de decisión fóra de Galiza.
Así, os 80.000 millóns de euros en activos desaparecerían de Galiza e pasarían a seren controlados por centros de decisión con sede en Madrid. Read the rest of this entry »