Archive for Febreiro 9th, 2010

A ILP procura parar o apartheidtazo lingüístico do PP

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, despois de  presentar no rexistro do

Plenario da plataforma Queremos Galego na que se debateu sobre a presentación da ILP

 Parlamento a ILP en defensa do noso idioma,   pediulle á cidadanía, mais especialmente  aos votantes do PP, aos defraudados coa política de galegofobia do goberno de Núñez Feijóo – o do odio contra a nosa cultura, o do desmantelamento da oficialidade da nosa lingua -  que apoien a Iniciativa Lexislativa Popular da plataforma Queremos Galego  co obxectivo básico de garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía do noso país. 

 Callón Callón, nas declaracións aos medios de comunicación, afirmou que a Iniciativa  non vai contra ninguén  senón que incide,  desde a base social,  na  defensa do conxunto da cidadanía e dos consensos  alcanzados  pola sociedade e os colectivos que a representan. O goberno ultra – conservador da Xunta de Galiza, como lembrou Callón, “debería estar á cabeza das políticas de defensa e promoción da lingua, pero…está impulsando o proceso de desmantelamento”.

É certo que esta iniciativa lexislativa non vai contra ninguén, mais  calquera  pode lembrar que outros, collidos da fúnebre man de Galicia Bilingüe, si tomaron a iniciativa de ir contra a nosa cultura e o idioma propio de Galiza. E que eses outros crearon o innecesario conflito co decretazo antigalego. E que do conflito extremo, creado desde o poder da dereita, pásase con facilidade – como obxectivo - ao exterminio cultural dun pobo. Read the rest of this entry »