Archive for Xaneiro, 2010

O PP da Laracha e o do (des)goberno da Xunta atacannos porque Queremos Galego

Pois si que debe ter pánico o PP do noso concello e o do (des)goberno da Xunta ao máis que probábel éxito da folga

Repartindo material informativo. Queremos Galego!

 de mañá, tendo en conta  as acusacións falsas e os insultos contra as asociacións da nosa localidade,  integradas na plataforma Queremos Galego, e contra o BNG. Mais o mellor é que reflexionasen e escoitaran á sociedade, en vez de adoptar medidas ultra dereitistas, radicais, en contra da  lingua do noso país, contra toda a sociedade galega.

Digo isto debido ao comunicado feito público polo PP da Laracha contra   un grupo de nais e pais da Laracha. Porque nos atacan? Por  repartir  dípticos informativos e autocolantes informativos  (moi bonitos, por certo) sobre o decreto contra o galego á saída dos centros de ensino da localidade. Nós, como nais e pais (membros da comunidade educativa) e como responsábeis das asociacións Quinta Feira e A Cutareira (integradas na plataforma Queremos Galego)  participamos nas actividades informativas da folga xeral do 21 de xaneiro para informar  á comunidade educativa da Laracha da razón da convocatoria do paro xeral no ensino, e animando  a que se unan á folga e á manifestación que sairá mañá ás 11,30 h da Alameda de Santiago de Compostela.

O suxo comunicado do PP dicía que “unha serie de persoas afíns á plataforma Queremos Galego! e representantes do BNG da Laracha  dedicáronse a repartir propaganda na saída da escola á xente que alí se atopaba, incluídos rapaces de entre 3 e 12 anos de idade, que marcharon para a casa con cromos e panfletos que tiñan por título paremos o decretazo contra o galego».

O PP tachou  o noso lexítimo dereito de loitar, como país e nais para que ás nosas fillas e fillos non se lles vulnere o dereito a unha educación de calidade e en galego de “claro e grave intento indecente de manipulación política» y acusaron a Queremos Galego! de tratar de «imporlle á sociedade, incluídos os nenos, as súas ideas, e crear un conflito onde non o hai”.

Vaia! que os creadores do innecesario e conflitivo decretazo antigalego, co obxectivo de obter un miserábel rédito electoral, acúsannos aos da foto, igual que a moitas nais e pais, ao BNG e outros colectivos na defensa do noso idioma e cultura do noso País, de ser un perigo para a sociedade. Case daría a risa se non pretendesen eles, co ataque ao galego, o exterminio da Cultura Galega alimentando o auto-odio, e converter á sociedade galega nunha submisa cidadanía de segunda categoría, subordinada cultural, económica e ideoloxicamente ao ditado do centralismo ultraconservador

 

Onde remata a manifestación contra o Decretazo?

 

Folga Xeral no Ensino 21/01/2010

Subo ao blogue unha última nova que a Coordinadora da Plataforma Queremos Galego en Bergantiños e A Costa da Morte nos comunica sobre a manifestación de mañá xoves. Perante a previsión de que a de mañá sexa unha xornada histórica na defensa da nosa lingua, e a cantidade de autobuses que xa están confirmados desde as diferentes comarcas do país, a organización decidiu acabar o percorrido no OBRADOIRO e non en San Caetano, como inicialmente estaba previsto.

A MANIFESTACIÓN CONVOCADA POR QUEREMOS CONTRA O RASCUÑO DE DECRETAZO CONTRA O GALEGO REMATARÁ NA PRAZA DO OBRADOIRO. 

Santiago 20 de xaneiro de 2010. A plataforma cidadá Queremos Galego, decidíu modificar o percorrido da manifestación,  inicialmente previsto con saída da Alameda cara San Caetano.

O motivo deste cambio está no forte incremento da participación que se agardaba desde a organización, así como na imposibilidade de situar unha megafonía e palco en San Caetano. A mobilización masiva que se producirá mañá aconsella ademais mudar o percorrido cara un lugar que ofreza mellores condicións para o desenvolvemento e a seguranza da manifestación, polo que finalmente o remate será na Praza do Obradoiro, mantendo o inicio na Alameda compostelana.

Xa que logo, o percorrido será o seguinte: 11.30 h. Saída da Alameda cara a Senra, Praza de Galiza, Doutor Teixeiro, Hórreo, Porta da Mámoa, Praza do Toural, Rúa do Vilar, Praza das Pratarías e Praza do Obradoiro.

Plataforma cidadá Queremos Galego

 

Porque rexeitamos o decretazo antigalego da Xunta?

Quedan moi poucos días para chegar ao 21 de xaneiro. Unha data moi importante  na que se visualizará a

repartindo material de Queremos Galego na Laracha

 esixencia cidadá de retirada do decretazo contra o galego e para que a Xunta aplique unha política educativa de defensa e promoción do noso propio idioma. O PP, que (mal)goberna o noso País, pretende diminuír a presenza da nosa lingua no ensino, para que ás nosas fillas e fillos se lles vulnere o dereito a unha educación de calidade e en galego, pondo ademais en perigo a pervivencia da nosa propia cultura.

 A plataforma Queremos Galego, promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística e hoxe integrada por máis de 600 entidades, entre as que se encontran Quinta Feira e A Cutareira da Laracha, convocou para ese día unha folga xeral do ensino para exixir a retirada do decretazo contra o galego e para que a Xunta aplique unha política educativa de defensa e promoción do noso idioma propio.

 Facéndolle caso ao dito pola  MESA – aínda hai tempo para facer o posíbel para que a contestación do 21 de xaneiro estea á altura desta agresión histórica – e como integrantes das asociacións anteriormente nomeadas, participamos nas actividades informativas da folga xeral do 21 de xaneiro para informar, dentro das nosas posibilidades, á comunidade educativa da Laracha da razón da convocatoria do paro xeral do ensino e animando  a que se unan á folga e á manifestación que sairá ese día ás 11,30 h da Alameda de Santiago de Compostela.

 Por que rexeitamos este decretazo?

 

Conferencia de Francisco Jorquera na Laracha: as caixas de aforro e o futuro económico de Galiza

ligazón á galería de fotos da conferencia     (Vídeo da 2ª, 3ª, 4ª parte clicando en ler máis)

Francisco Jorquera, deputado no Congreso polo BNG, estivo este venres, 15 de xaneiro, na Laracha para explicar a posición do Bloque Nacionalista Galego sobre un dos debates de maior trascendencia no presente e con maior repercusión de cara ao futuro: a Lei de Caixas.

 Este acto foi presentado polo Responsábel Local do BNG, Fernado Gesto Montes, quen abriu a conferencia explicado como se foi andando o camiño para a aprobación da Lei de Caixas Galega.

 Comezou a súa intervención Francisco Jorquera explicando que a nova Lei de Caixas, que é unha iniciativa do BNG, democratizará os órganos de xestión, vai permitir unha caixa ao servizo de Galiza que potencie o desenvolvemento da economía produtiva do País.

 Lembrou Jorquera que hai un desexo do poder central, do que participa naturalmente o grupo socialista e o PP, e que en esencia apunta cara á deslocalización das caixas e á súa posterior bancarización. Nun camiño  que  apunta ao liberalismo estremo, que é o que conduciu á crise financeira internacional.

 O Goberno Galego debe aplicar a Lei de Caixas aprobada polo Parlamento a instancias do BNG e debe apostar sen ambigüidade pola fusión galega.

Ou temos esa caixa galega ou teremos unha sucursal doutras caixas foráneas fusionadas cun centro de decisión fóra de Galiza. Perderíamos institucións financieiras propias. Isto repercutiría negativamente nas pequenas  e medianas empresas do País. Esa é a dialéctica real.

Aquí podes ver a intervención de Francisco Jorquera na Laracha, dividida en catro partes:

Parte 1
 Para ver as seguintes partes clica en

Read the rest of this entry »

 

Haití: da maldición dos golpes de estado ao cruel terremoto

Haití, a república caribeña con algo máis de 9 millóns de habitantes tivo 42 presidentes, dos cales  29 foron asasinados e 2 elixidos lexitimamente.

O domingo 29 de febreiro de 2.004 o presidente de Haití Jean Bernard Aristide, un dos dous elixidos democraticamente, aparentemente renunciou ao seu cargo ante unha rebelión popular. Pero nunha entrevista transmitida o martes 2 de marzo dese mesmo ano,  Ira Kurzban (avogado en EEUU do Presidente Aristide) contou unha historia diferente:
Iso non foi unha rebelión.  Foi un golpe de estado (outro máis) dirixido, operado e equipado polos servizos de intelixencia de Estados Unidos, despois de que eses servizos de intelixencia seleccionaron a un grupo de persoas adestradas na República Dominicana. Hai quen cre que algúns dos membros deste grupo eran dominicanos, porque a xente dicía que non falaban creole (lingua oficial en Haití a canda o francés) senón que só falaban español. O  deposto presidente Aristide está exiliado en Sudáfrica desde o golpe de estado  (de xeito similar ao que se fixo co presidente constitucional hondureño, Mel Zelaya).

 O actual presidente e anterior membro do goberno Aristide, René Préval, gañou as eleccións co 48.7% dos votos para desgusto da dereita haitiana e do goberno de Estados Unidos, que aínda así controla ese país. Préval goberna nunha etapa, que agora se fará aínda máis dura, onde  o 80% da poboación sobrevive  con menos dun dólar diario.

Por se  a situacion haitiana non fose o suficientemente complicada, o país máis pobre de América é arrasado  por un cruel terremoto.

Cando comezan a difundirse as horribles imaxes da catástrofe (a ONU revela que 50 por cento de Haití quedou destruído por un terremoto de sete graos na escala de Richter, afectando a un terzo da poboación, deixando  ao redor de 300.000 persoas sen fogar e un número incontábel de falecidos- pode chegar aos 140.000) os gobernos e institucións internacionais falan de axudas (que chegan a pingas) para a aterrada poboación.

 E veremos como dentro duns días, a través dos medios de comunicación, falarán hipocritamente da reconstrución. Quen vai reconstruír Haití? EE.UU.? o Banco Mundial? o Fondo Monetario Internacional (FMI)? o Banco Interamericano de Desenvolvemento? Os países  que, en virtude dunha imposta orde económica e política  inxusta, mandaron ás catacumbas ao pobo haitiano?

Que deseño de reconstrución pasará polas súas cabezas neoliberal -conservadoras (imperialistas) nun  Haití onde, antes do terremoto,  o 80% da poboación sobrevivía  por baixo da liña de pobreza, cun ingreso de menos dun dólar diario, onde case o 75% das casas (de madeira e lata) non tiñan saneamento, menos do 40% da poboación tiña acceso á auga potable, o 80% da poboación estaba desempregada, onde  o  10% máis pobre só recibe o 0,7%, mentres que o 10% máis rico leva o 47,7%?

  Fidel Castro valorou que a comunidade internacional se conmovese  enviado axuda humanitaria a Haití, pero tamén considerou que é necesario que, do mesmo xeito  que o mundo se interesa por atender a realidade da illa caribeña, debe determinar por que é un país tan pobre e, a partir de aí, buscar solucións reais e verdadeiras.

Como subliñaba Le Monde-Diplomatique, un cataclismo natural pódese imputar á fatalidade. O vergoñoso e insoportable empobrecemento das poboacións urbanas e rurais de Haití, non. Read the rest of this entry »