Haití: da maldición dos golpes de estado ao cruel terremoto
Publicado en Mundo o 17/01/2010 01:19 por Xosé AntónHaití, a república caribeña con algo máis de 9 millóns de habitantes tivo 42 presidentes, dos cales 29 foron asasinados
e 2 elixidos lexitimamente.
O domingo 29 de febreiro de 2.004 o presidente de Haití Jean Bernard Aristide, un dos dous elixidos democraticamente, aparentemente renunciou ao seu cargo ante unha rebelión popular. Pero nunha entrevista transmitida o martes 2 de marzo dese mesmo ano, Ira Kurzban (avogado en EEUU do Presidente Aristide) contou unha historia diferente:
Iso non foi unha rebelión. Foi un golpe de estado (outro máis) dirixido, operado e equipado polos servizos de intelixencia de Estados Unidos, despois de que eses servizos de intelixencia seleccionaron a un grupo de persoas adestradas na República Dominicana. Hai quen cre que algúns dos membros deste grupo eran dominicanos, porque a xente dicía que non falaban creole (lingua oficial en Haití a canda o francés) senón que só falaban español. O deposto presidente Aristide está exiliado en Sudáfrica desde o golpe de estado (de xeito similar ao que se fixo co presidente constitucional hondureño, Mel Zelaya).
O actual presidente e anterior membro do goberno Aristide, René Préval, gañou as eleccións co 48.7% dos votos para desgusto da dereita haitiana e do goberno de Estados Unidos, que aínda así controla ese país. Préval goberna nunha etapa, que agora se fará aínda máis dura, onde o 80% da poboación sobrevive con menos dun dólar diario.
Por se a situacion haitiana non fose o suficientemente complicada, o país máis pobre de América é arrasado por un cruel terremoto.
Cando comezan a difundirse as horribles imaxes da catástrofe (a ONU revela que 50 por cento de Haití quedou destruído por un terremoto de sete graos na escala de Richter, afectando a un terzo da poboación, deixando ao redor de 300.000 persoas sen fogar e un número incontábel de falecidos- pode chegar aos 140.000) os gobernos e institucións internacionais falan de axudas (que chegan a pingas) para a aterrada poboación.
E veremos como dentro duns días, a través dos medios de comunicación, falarán hipocritamente da reconstrución. Quen vai reconstruír Haití? EE.UU.? o Banco Mundial? o Fondo Monetario Internacional (FMI)? o Banco Interamericano de Desenvolvemento? Os países que, en virtude dunha imposta orde económica e política inxusta, mandaron ás catacumbas ao pobo haitiano?
Que deseño de reconstrución pasará polas súas cabezas neoliberal -conservadoras (imperialistas) nun Haití onde, antes do terremoto, o 80% da poboación sobrevivía por baixo da liña de pobreza, cun ingreso de menos dun dólar diario, onde case o 75% das casas (de madeira e lata) non tiñan saneamento, menos do 40% da poboación tiña acceso á auga potable, o 80% da poboación estaba desempregada, onde o 10% máis pobre só recibe o 0,7%, mentres que o 10% máis rico leva o 47,7%?
Fidel Castro valorou que a comunidade internacional se conmovese enviado axuda humanitaria a Haití, pero tamén considerou que é necesario que, do mesmo xeito que o mundo se interesa por atender a realidade da illa caribeña, debe determinar por que é un país tan pobre e, a partir de aí, buscar solucións reais e verdadeiras.
Como subliñaba Le Monde-Diplomatique, un cataclismo natural pódese imputar á fatalidade. O vergoñoso e insoportable empobrecemento das poboacións urbanas e rurais de Haití, non.
Un exemplo dos recursos que o Goberno ten para afrontar a urxencia de saúde foi sinalado polo ministro de Saúde, Alex Larsen: “Non teño nin un pouco de algodón … Estamos esperando equipamento e medicamentos. Aínda así está agradecido: algunhas cousas xa chegaron.
O testemuño dun alto funcionario de Nacións Unidas ilustra por si mesmo o que xa é unha realidade: EEUU e as potencias económicas e militares carecen de plans estratéxicos para enfrontar as continxencias catastróficas mundiais como a que está sucedendo en Haití, que supera calquera estimación numérica na historia das catástrofes naturais para un só país.
Laurence Korb, ex subsecretario de Defensa estadounidense e agora vinculado co Center for American Progress, asegurou que os EE.UU. deben considerar a posibilidade de aproveitar a experiencia dun veciño como Cuba que ten algúns dos mellores corpos médicos do mundo –“temos que aprender deles”.
Pero até nas durísimas catástrofes naturais aparece a mezquindade nos medios de (in)comunicación:
Só hai dous medios de EEUU que informaron sobre a resposta de Cuba ao mortífero terremoto que golpeou Haití. Un deles, Fox News, afirma, erroneamente, que os cubanos estiveron ausentes da lista dos países veciños do Caribe que acudiron a prestar axuda. O outro foi o Christian Science Monitor (un espazo de noticias de moita credibilidade que recentemente pechou a súa edición impresa) que informou correctamente que Cuba enviara 344 profesionais da saúde á nación afectada.
Tamén Cuba permite temporalmente o seu espazo aereo a EEUU para o traslado de feridos de Haití, aínda que o propio presidente nicaraguano afirma que EE.UU está manipulando o drama humanitario para instalar tropas norteamericanas en Haití, que xa foron tomando o control militar do aeroporto en Porto Príncipe
“Parece que non son suficientes as bases militares” que os norteamericanos teñen no continente e “queren aproveitar esta traxedia do pobo haitiano para instalarse no Caribe”. A Comunidade do Caribe (CARICOM) tamén presentou unha protesta diante da imposiblidad de que chegase a Haití unha misión humanitaria desa organización dos estados caribeños anglofrancófonos.
A misión, encabezada por varios Xefes de Goberno da rexión e o Secretario Xeral de CARICOM, non obtivo permiso de aterraxe no Aeroporto de Porto Príncipe, o cal está baixo o control do exército dos Estados Unidos.
Os participantes tiveron que regresar a Xamaica e de aí aos seus respectivos países.
Varias nacións como Francia, Brasil, Nicaragua e outras, protestaron polo manexo arbitrario que Estados Unidos fixo do control do aeroporto haitiano.
O Primeiro Ministro de Xamaica Bruce Golding ofreceu o Aeroporto Internacional Michael Manley de Kingston para que sexa o centro operacional fundamental da axuda internacional, dada a súa localización a só 45 minutos de voo de Haití.
Laurence Korb considera que EE.UU. é líder nos esforzos de socorro en Haití, mais non sería o que a CNN en español destacaba como “noticia alentadora”?: o goberno Obama decidiu a “suspensión temporal” da deportación de “inmigrantes ilegais” haitianos, algo que tamén pretenden copiar en Europa.
Un pouco de historia de Haití
Despois da revolución francesa e baixo o mando de Toussaint L’Ouverture, unha revolta de escravos negros creou un exército disciplinado e tomaron o control de Haití, formando un Estado independente que foi condenado ao ostracismo por todo mundo. Tempo despues Francia reinvade Haiti. E a situación segue unha serie de etapas con problemas económico por medio. O último país en recoñecer a Haití foi Estados Unidos que, na primeira metade do século XX ocupa o espazo imperialista de Francia, invade Haití e ocúpao por moito tempo, administrandolo ao seu antollo. O seguinte golpe de estado con apoio USA ocorre no ano 2.004, coñéceselle tamén como o golpe do Bicentenario, xa que a república foi fundada oficialmente no ano 1804.
Se pasamos ao periodo posterior á Segunda Guerra Mundial, achamos enquistado no poder a un dos peores gobernantes do hemisferio occidental: François Duvalier. Médico, utilizou a demagoxia da negritud e estableceu un réxime ditatorial que impuxo a orde mediante un grupo de asasinos coñecido como tonton macoutes. Calcúlase que nesa etapa foron asasinadas máis de 30.000 persoas. Duvalier gobernou de 1957 a 1971 e á súa morte sucedeulle no poder o seu fillo, Jean Claude, coñecido como Baby Doc. O réxime continuou sendo o mesmo pero Baby Doc foi menos eficaz como ditador. Finalmente perdeu o respaldo de Estados Unidos e foi derrocado en 1986, permitíndoselle exiliarse a Francia.
O poder recaeu de novo en mans do grupo de elite mulato, pero este foi desafiado por un sacerdote, Jean-Bertrand Aristide, quen gañou as eleccións presidenciais en 1990 e foi derrocado por un golpe de estado en 1991, dirixido por un grupo de dereita que procedeu a liquidar e reprimir aos aristidistas. Xa para entón a opinión pública mundial puña algo de atención sobre Haití e medraba a sensación de que unha situación así era intolerable. En 1994, Bill Clinton enviou tropas para reinstalar a Aristide no poder, coa condición de que “terminase” o seu período no cargo, non fose candidato en 1996 e cumprise coas políticas económicas neoliberais.
Aristide aceptou os termos do trato, non lle quedaba outra! Entre tanto, o senador racista Jesse Helms, entón cabeza republicana no Comité de Asuntos Exteriores do Senado, fustigou a Aristide e acusouno de antiestadunidense esquerdista. En 2000, Aristide buscou a presidencia de novo e gañou por extensa maioría. A oposición non quixo aceptar os resultados, alegando que as eleccións foran turbias. Con todo, ningún observador externo podería negar que Aristide contaba co apoio da maioría da poboación.
Cando Bush asumiu a presidencia, o encargado dos asuntos haitianos no Departamento de Estado era Roger Noriega, antigo asistente de Jesse Helms e un dos que manexaban contra Aristide. Estados Unidos cortou todos os fondos prometidos a Aristide e a administración Bush realizou, por unha banda, un embargo económico a gran escala: presionouse ao Banco Interamericano de Desenvolvemento (bid) para que non lle entregasen préstamos xa aprobados, algo que nunca sucedera na historia do BID. Impediron que chegasen fondos para proxectos de auga e moitos outros; impediron que o Banco Mundial entregase máis fondos a Haití. O Banco Mundial pechou as súas oficinas en Haití, o país máis pobre do hemisferio. Francia fixo o mesmo coa Unión Europea e outros países europeos. Houbo un bloque económico a gran escala contra o goberno haitiano, o que o deixou practicamente sen diñeiro, así que o goberno tiña recursos moi limitados para facer calquera cousa.
En segundo lugar, o goberno de Estados Unidos eliminou o programa de adestramento da policía un par de anos antes, así que non había ningún adestramento para a policía en Haití .
E para rematar EEUU implantou un embargo de armas, tanto letais como non letais, de maneira que Haití non podía comprar máscaras antigases, chalecos antibalas para a policía, non podía comprar nin sequera gas lacrimóxeno para usar en caso de disturbios, non podían facelo por causa dese embargo. E Estados Unidos usou ademais a súa influencia noutros países para que non vendesen armas a Haití. Así que o país practicamente estaba indefenso un ano antes de que un grupo armado cruzase a fronteira, ben equipado militarmente, con armas nunca vistas en Haití.
Quen son os seus líderes? Un deles é Jodel Chamblain (en 1994 Chamblain, xunto con outra persoa chamada Emmanuel Constant forma o FRAPH por indicacións dun oficial chamado Collins da Axencia de Intelixencia de Defensa (CIA), destacado na embaixada norteamericana. Constant era a figura visible, a que falaba en público, pero Chamblain, o que apareceu en Gonaive, era o verdugo. O foi quen durante o golpe militar, en 1993 e 1994, sacaba das súas casas aos seguidores do Partido Lavalas, executábaos e logo tiraba os cadáveres nas rúas ou nun lugar de tumbas masivas.
E as armas? 20 000 fusís M16 que aparentemente era para entregar ao exército dominicano xunto co adestramento de contrainsurgencia. Guy Phillipe e Jodel Chamblain, que traballaba para DIA e a CIA, estaban en República Dominicana nese momento e Oh, sorpresa! ?, un ano despois cruzan a fronteira cos mesmos M16, con outros equipos, cun grupo adestrado. E este é o grupo que despois foi de cidade en cidade, onde a policía enfrontábaselles con simples revólver do calibre 38 para loitar contra armas moi sofisticadas, como os fusiles M16 e os M60.
Por outra banda, a chamada oposición estaba traballando de conxunto con esta xente, e isto sábese porque cando estaban tomando cidade tras cidade chegou a comunidade internacional e presionou a Aristide para que asinase un acordo. E iso sucedeu o sábado 21 de febreiro.
Roger Noriega, quen perseguiu a Aristide durante unha década e converteuse para el nun asunto persoal, representa a EEUU como Secretario adxunto para Asuntos Interamericanos. El era o negociador de Estados Unidos neste asunto, e exerceu a máxima presión sobre Aristide para que asinase este acordo, o cal el fixo, non quedaba outro remedio. En esencia o acordo entregaba o goberno á oposición e o presidente seleccionaba un novo goberno. A oposición reuniuse e dixo que necesitaba un par de días máis, até o luns (23 de febreiro), porque a estratexia claramente era ocupar a maior cantidade posible de territorio, rodear a Port au Prince antes do intento final de golpe. E iso foi exactamente o que sucedeu. Ao día seguinte tomaron Cap Haitien.
O líder desa chamada “oposición non violenta”, que evidentemente estaba coordinado con este grupo de comandos, é unha persoa de nome André Apaid. É un industrial moi rico en Haití. Opúxose ao salario mínimo, e ese foi un dos problemas polo que entrou en conflito con Aristide, porque o presidente insistía en aumentar o salario mínimo e Apaid non quería pagar máis dun dólar vinte centavos ao día. Tamén entrou en conflito porque intentou perpetrar unha fraude cunha compañía telefónica haitiana, e foi multado por dous millóns de gourdes polo goberno como resultado desa fraude. Apaid non é cidadán haitiano, senón cidadán norteamericano. Haití non recoñecía a dobre nacionalidade, así que non se pode ter ao mesmo tempo un pasaporte haitiano e un norteamericano? E finalmente EEUU forzou ao Presidente Aristide a subir a un avión, e antes díxolle que se non asinaba unha carta de renuncia, abandonaríano para que o matasen. Os chimeres, seguidores do presidente caído foron perseguidos polas ordas de Guy Philippe, quen hoxe se ergue como o caudillo paramilitar que pretende conducir o destino de Haití, deixando atrás á oposición que o apoiou para derrocar ao presidente Aristide.
A dura actualidade
Desde o 2.004, 7.031 “cascos azuis” e 2.034 policías, apoiados por 488 funcionarios internacionais, controlan o país. As tropas ocupantes da “Misión das Nacións Unidas para a Estabilización de Haití (Minustah)
Cinco anos logo da invasión, o pobo haitiano segue na miseria máis espantosa, a sociedade segue sendo moi vulnerable. Un exemplo claro desa vulnerabilidade é o efecto dos fenómenos naturais que pon Le Monde Diplomatique: no 2008, Haití xa sufriu o efecto dos furacáns tropicais Ike, Anna, Gustav e Fay. Certo é que non se poden comparar con este enorme terremoto. Mais, por que durante o paso deses furacáns, que arrasan do mesmo xeito (con consecuencias económicas desastrosas), en Haití houbo que lamentar setecentas noventa e tres mortes e «só» catro en Cuba? Como un efecto de lupa, as catástrofes pon de manifesto o estado «real» das sociedades.
A “intervención humanitaria” da ONU só trouxo máis “estabilidade” para as empresas multinacionais que instalan fábricas maquiladoras nas zonas francas e explotan os recursos naturais. Para o pobo pobre e traballador ningunha mellora. A saúde e a educación derruídas. A infraestrutura civil colapsada. Cando o pobo protesta (o que ocorre regularmente), vaille peor: é brutalmente reprimido polos “cascos azuis”. As organizacións populares e humanitarias falan de centenares de mortos, feridos e encarcerados.
Cando as horribles imaxes do terremoto empezaban a difundirse, “Resumen Latinoamericano” informaba dun novo asasinato político. Ao saír da Universidade, foi cribado o escritor Jn. Anil Louis-Juste, autor de numerosas denuncias sobre a ocupación da Minustah e defensor da autodeterminación do pobo haitiano.
No medio de toda a traxedia, CNN en español destacaba, por fin, unha “noticia alentadora”: o goberno Obama decidiu a “suspensión temporal” da deportación de “inmigrantes ilegais” haitianos.
As eleccións presidenciais en Haití de 2006, foron para substituir ao goberno interino do presidente Boniface Alexandre e o primeiro ministro Gerard Latortue quen obtiveron os seus cargos despois do derrocamento por golpe de estado en 2004 de Jean-Bertrand Aristide, estes comicios atrasáronse en catro ocasións debido á grave inestabilidade do país, estando programadas orixinalmente para outubro e novembro de 2005. Finalmente fixéronse o 15 de febreiro de 2006, as eleccións non só foron vixiadas senón tamén organizadas pola ONU. O máximo favorito era René Préval (gañou co 48.7% dos votos) para desgusto do nese entón goberno haitiano, a dereita do país e o goberno de Estados Unidos, que aínda así controla o país caribeño.
Un exemplo diso é que os USA asumiron o control do aeroporto de Porto Príncipe, por onde chega a axuda internacional e onde comezaron a filtrar aos portadores de pasaportes estadounidenses de entre a multitude de centos de frustrados refuxiados que pedían saír.
Semellan claras as prioridades para EE.UU. Haití o está pedindo é axuda humanitaria e o Pentágono responde que uns 10.000 efectivos serán mobilizados en Haití nos próximos días, aínda que moitos permanecerán nunha flota de naves da mariña de guerra preto da costa e comandada polo portaavións USS Vinson. Mentres iso ocorre, Bolivia, Venezuela, Cuba, Ecuador, Brasil, Arxentina e outros países, tamén europeos, China ou Rusia, están enviando miles de toneladas de alimentos e efectivos de rescate para axudar a unha sociedade inmersa na miseria máis espantosa e agora tamén castigada por un cruel terremoto.
Comentan en Aporrea que houbo confusas e en ocasións noxentas escenas de diplomáticos non estadounidenses que buscaban extraer aos seus propios cidadáns da multitude para conducilos a avións de rescate que esperaban na pista.
Ao principio, tropas estadounidenses e funcionarios do Departamento de Estado fixeron retroceder a diplomáticos franceses que intentaban levar a 64 nacionais ao primeiro dos tres avións destinados a sacalos do país.
“Só estamos establecendo puntos de control”, explicaron