En Venezuela a oposición prepara un golpe de estado similar ao de 2.002?

cubainformacion.tv

A actitude anti- imperialista de Hugo Chávez Frías, o presidente de Venezuela, fixo que recibira ataques  tanto da dereita e do liberalismo en todos os seus chanzos, como dunha esquerda de salón europea carcomida polo sistema, por non encasillarse o  movemento bolivariano nun formato político “domesticado”. Mais, nun momento no que os movementos da esquerda estaban en decadencia e baixa moral foi capaz de mobilizar conciencias no espazo político de sudamérica para expandirse ao resto do planeta.
O seu desafío ao Imperio tivo a punto de facerlle perder a vida en varias ocasións, para ser  atacado mediaticamente  e de xeito coordinado polos mercenarios da (in)comunicación de maior influencia.

Chávez  criticou con firmeza abusos dos EE.UU. en Iraq e tachou ao presidente estadounidense de criminal de guerra considerando, con toda razón, que debería ser xulgado na Corte Internacional de Xustiza. Na propia Asemblea Xeral de Nacións Unidas afirmou que Estados Unidos era un “Estado terrorista”, mentres o resto de presidentes da moderada Europa encollían nos seus asentos.
Con Bush e os seus colonizados en contra, sobreviviu a un golpe de estado, no ano 2.002, realizado por unha oligarquía que contaba cun apoio militar e mediático poderoso . E a finais de decembro de 2.009, xa con Obama cabalgando a lombos do Imperio, a revista estadounidense Newsweek augurou o derrocamento de Hugo Chávez por parte de militares do exército venezolano. Isto, á velocidade do son percorreu o mundo, seguindo un guión similar ao golpe de estado do 2.002.
.

Todo indica que o Imperialismo perfeccionou  a estratexia   deseñado polos golpistas para sacar do poder a outro presidente democrático en américa do Sur, o máis importante na súa campaña de Xaque ao Rei. Encontraron en Obama a cara perfecta do imperio. Quen mellor pode presentar unha imaxe simpática dun EE.UU  decrépito de moral polos oito anos de Bush-Cheney e as súas guerras sen fin?

Chávez decatouse sobradamente que había signos evidentes dunha ofensiva imperial que trata de frear o avance das forzas progresistas e recuperar novamente o seu patio traseiro. Por iso, el e outros presidentes, consideraron necesario  fortalecer o ALBA e acelerar todos os aspectos, económico, político, social… Porque?

Porque o mundo da guerra de hoxe está dominado por unha única superpotencia. En termos militares Estados Unidos aséntase no mundo como un coloso. Un país con só o 5% da poboación mundial é responsable de case o 50% do gasto global en armamento.

 

E que intereses teñen en Venezuela os EE.UU?

Como subliñei onte, un estudo de EE.UU. case dobra o cálculo de reservas de petróleo de Venezuela. Na Faixa do Orinoco de Venezuela existen 513.000 millóns de barrís de petróleo extraíbles, case o dobre que o estimado anteriormente, segundo un estudo publicado este venres polo Servizo Xeolóxico de Estados Unidos (USGS, en inglés).

Trátase da maior acumulación de petróleo avaliada por esa axencia estadounidense.

A empresa estatal Petróleos de Venezuela S.A. (PDVSA) calcula que existen 1,3 billóns de barrís de petróleo nesa área de 50.000 quilómetros cadrados ao leste do país, pero tan só uns 280.000 millóns de barrís poderían ser explotables, segundo o cálculo anterior.

O estudo do USGS, o primeiro en avaliar exactamente canto é posible sacar coa tecnoloxía actual, case dobra esa cifra, o que coloca a Venezuela moi por diante das reservas oficiais de Arabia Saudita, que ascenden a 266.000 millóns de barrís.

O Goberno de Venezuela iniciou o proceso de explotación da Faixa Petrolífera do Orinoco, no que participan case 20 petroleiras estranxeiras.

O obxectivo do Imperio axudando á ultra conservadora oposición cara o golpe de estado semella clara, non?

Pero o exército venezolano semella que esta vez non está pola tarefa de axudar ao Imperio. Está noutra etapa do seu desenvolvemento como defensores dos intereses colectivos das venezolanas e venezolanos.

 

Deixa unha resposta