Conseguiremos, sen atrancos, unhas caixas de aforro como instrumento económico público ao servizo do pobo?
Publicado en Galiza o 01/01/2010 17:22 por Xosé AntónExplica nun artigo de opinión, de xeito moi didáctico, Xabier Pérez Igrexas, nun comentario en GZ Nación, as razóns polas que as galegas e galegos non debemos renunciar a que as caixas de aforro do noso país sexan un instrumento económico público ao servizo do pobo e a necesidade de reclamar unha reorientación das caixas de aforro galegas a través dunha nova Lei de Caixas. Explica que os obxectivos básicos son tres: alargar a intervención pública na dirección das entidades titulares da meirande parte dos aforros das e dos galegos, orientar a súa acción económica para dar pulo ás potencialidades produtivas do país -en favor do emprego- e dotalas dunha transparencia e funcionamento democrático até hoxe practicamente inexistentes.
A nova Lei de Caixas, que é unha iniciativa do BNG aprobada no Parlamento Galego, vai permitir que o poder democrático da cidadanía teña algo que dicir na orientación do aforro das galegos e galegos cara á economía produtiva do noso País. Mentres o BNG amosa unha defensa clara dos intereses colectivos da cidadanía galega, o PSOE opta polo liberalismo estremo ao atacar a Lei de Caixas por intervencionista.
Isto amosa que o PSOE camiña cara a dereita liberal a pasos axigantados cando comulga con conceptos que levaron á maior crise financeira desde o ano da depresión de 1929 e que, como subliñou o Portavoz Nacional do BNG, Guillerme Vázquez, nunhas declaracións que recolle Mundo Galiza, deberá explicar á sociedade galega, xa que a posición do PSOE en Galiza está condicionado polo partido en Madrid: “Non vou dicir nada que non sexa obxectivábel. A posición do PSOE galego está á vista de todos. Os avances e retrocesos, as marchas para adiante e marchas para atrás, son obxectivábeis, non son un problema de valoración subxectiva. Están nos meios de comunicación…a ninguén se lle escapa que a posición do grupo socialista aquí coincide coa que defende o seu partido en Madrid…Hai un desexo do poder central, do que participa naturalmente o grupo socialista, e que en esencia apunta cara á deslocalización das caixas e á súa posterior bancarización”.