As Caixas de Aforro e o futuro económico de Galiza

Francisco Jorquera explicará na Laracha a posición do nacionalismo sobre este debate que afecta ao futuro do

 país. A conferencia será presentada polo Responsábel Local do BNG, Fernando Gesto Montes.

Francisco Jorquera, deputado no Congreso polo BNG, estará este venres, 15 de xaneiro, na Laracha (20.30 horas, aula cultural de Caixa Galicia) para explicar a posición do Bloque Nacionalista Galego sobre un dos debates de maior trascendencia no presente e con maior repercusión de cara ao futuro: a Lei de Caixas.

Feijóo sementou dúbidas sobre as súas verdadeiras intencións a respecto dofuturo das caixas galegas nunha recente entrevista na cadea Cope, deixando entrever que estaría en disposición de estudar alternativas distintas á da fusión galega. Mais agora non é hora de vacilacións. É hora de decisións.

 O Goberno debe aplicar a Lei de Caixas aprobada polo Parlamento a instancias do BNG e debe apostar sen ambigüidade pola fusión galega. Calquera outra opción sería facerlle o xogo a algúns que continúan tendo como obxectivo a desgaleguización destas entidades e a súa progresiva privatización.

Nese sentido, cabe inserir unhas declaracións de Mariano Rajoy claramente partidarias de ir cara á un modelo de

Francisco Jorquera, Portavoz do BNG no Congreso dos Deputados

 bancarización destas entidades, coa introdución de accionistas privados.

 ESE É O MODELO DO PP ESTATAL E TAMÉN O MODELO DO GOBERNO DE ZAPATERO. Sería tanto como apostar por unha saída neoliberal á crise do sistema financeiro no Estado. No canto de apostar por un maior control público para previr novos cracks financeiros, o Goberno do Estado, en connivencia co PP, continúa planificando a entrega das caixas á banca privada. A mesma banca privada que prefire investir o seu capital en mercar bonos do tesouro no canto de cumprir coa súa función de fornecedora de crédito a particulares e empresas.

O Goberno do Estado volve, pois, a apostar pola economía especulativa e non pola produtiva.

Os sectores que se opoñen á fusión galega non o fan para defender os intereses de Vigo, fano para defender os intereses dalgún directivo e para defender a estratexia centralista e privatizadora do Goberno de Madrid.

Están actuando como cabalo de troia da banca privada española, que ten como obxectivo a absorción das caixas galegas. Porque eles saben perfectamente que a única opción de que o centro de decisión das caixas galegas fique en Galiza pasa pola fusión galega.

Fernando Gesto Montes, Responsábel Local do BNG da Laracha

A caixa galega será de todo o País, será unha caixa paritaria, non será nen do Norte nen do Sur. Será galega.

Ou temos esa caixa galega ou teremos unha sucursal de Cajamadrid no Norte e outra dun grupo liderado por Caixaastur no Sur. Esa é a dialéctica real.

 

Deixa unha resposta