Bieito Lobeira nA Nosa Terra: ‘Non negociaremos nada por baixo do 50% de galego’
Publicado en Galiza o 06/01/2010 14:32 por Xosé AntónBieito Lobeira Domínguez é un dos políticos galegos que máis ataques recibe dos sectores antigaleguistas máis

de esquerda á dereita, Bieito Lobeira, deputado no Parlamento Galego polo BNG; Fernando Gesto, Responsábel Local do BNG da Laracha; Suso Seixo, Secretario Xeral do sindicato CIG; Xosé M.Cotelo, presidente da Cutareira, na conferencia sobre a crise económica, organizada pola asociación de veciños A Cutareira da Laracha
reaccionarios- os medios de (in)comunicación que son utilizados polo poder como correa de transmisión para combater a lingua, a dereita reaccionaria ou o liberalismo españolista – pola súa defensa do dereito democrático ao uso pleno da lingua galega.
Tamén recibe ataques nos foros de internet debido á lóxica política que marca nas súas actuacións ou pola envexa que lle teñen ao descubrir a capacidade política que Lobeira ten amosado en múltiples ocasións.
Lobeira, que é un líder político ao que moitas persoas lle valoramos a súa impresionante implicación e capacidade na defensa dos intereses colectivos das galegas e galegos, afirmou en varias ocasións que o galego é en si mesmo un elemento político, e que o PP e os sectores antigalegos máis reaccionarios (anteriormente subliñados) son conscientes de que o pobo que usa o galego sen complexos exerce os seus dereitos e faino con dignidade.
Eses dereitos son incompatíbeis co proxecto imperialista que seguen o PP e outras forzas políticas estatais. Esas forzas imperialistas pretenden eliminar os elementos de autogoberno e a concienciación nacional da sociedade galega.
Bieito Lobeira, que aparece nunha interesante entrevista publicada en A Nosa Terra á que, se queres, che convido ler, é deputado do BNG e voceiro no Parlamento Galego en asuntos pesqueiros ou da lingua galega. Comezou a súa vida política na asociación de estudantes Estudantes Revolucionarios Galegos (ERGA) con dezaseis anos. Formou parte de Galiza Nova, foi un dos portavoces da Plataforma Nunca Máis e membro da comisión xestora da plataforma ‘Queremos Galego’.